THE GRUFFALO

Outro dos meus contos preferidos é "The Gruffalo" (1) escrito por Julia Donaldson (2) e ilustrado por Axel Scheffler (xa vos ensinarei máis contos desta parella)
"Un ratiño marrón ía paseando polo bosque, atopóuse co raposo, co moucho e coa serpe. Todos querían comelo pero él dilles que está esperando ao Grúfalo. Grúfalo, quen é o Grufalo? Preguntan todos asombrados. O grúfalo é un ser monstruoso......"
Ademáis da versión orixinal en inglés agora podémolo atopar traducido ao castelan e con peluchiño do Gruffalo por MacMillan Infantil e Xuvenil (3) (Un bo agasallo de Nadal) e quizáis pronto poderémolo ter tamén en galego.

Deixovos o video da versión orixinal
e tamén unha versión xenial para representar no cole. Espero que vos gusten.
Algún material que podedes descargar:
Decoración para a árbore de Nadal: http://www.gruffalo.com/upload/gruffalo_xmas_tree_decoration_sheet.pdf
Postal Nadal:
http://www.gruffalo.com/upload/gruffalo_christmas_card_activity_sheet1.pdf
Marionetas de dedo: http://www.gruffalo.com/upload/gruffalo_finger_puppets1.pdf
Receita de pastel de Grúfalo: http://www.gruffalo.com/upload/gruffalo_cake_sheet1.pdf
Invitación para festa Grúfala: http://www.gruffalo.com/upload/gruffalo_invite1.pdf
Máscara do Grúfalo: http://www.gruffalo.com/upload/gruffalomask.pdf
Monta o Grufaliño: http://www.gruffalo.com/upload/Gruffalo_Child_Jumping_Jack_Activity_sheet.pdf
Non deixedes de ler "The Gruffalo's child" a continuación da historia. Que eu saiba aínda non está traducido pero todo se andará ;) (4)

Enlaces que se citan:
(1) Páxina oficial do Grúfalo: http://www.gruffalo.com/
(2) Páxina oficial de Julia Donaldson: http://www.juliadonaldson.co.uk/
(3) Páxina de Macmillan infantil e xuvenil (sección Grúfalo): http://www.macmillanlij.es/El-Grufalo-Pack.1684.0.html
(4) Páxina sobre "The Gruffalo's Child": http://www.panmacmillan.com/displayPage.asp?PageID=3239


Chúzao
del.icio.us

