PINTA CUADROS FAMOSOS

Nun post anterior (1) prometín contarvos como pintar cuadros famosos no EDI con voso "estilo" e como o prometido é deuda, hoxe deixovos un vídeo que explica como se fai. Tamén se pode utilizar para pintar fotos (3)
1º Busca o cuadro que queiras "re-pintar" e gardao no teu ordenador.
2º Vai á páxina http://www.dumpr.net/ e elixe "photo to sketch" examina e vai á carpeta onde teñas o cuadro. Cando estea listo volve a gardalo.
3º Para pintalo tes dúas opcións:
- abrilo co Notebook e pintar ao teu gusto (como no video)
- convertilo nun selo de tux paint e pintalo co programa.
Para facer este exemplo utilizouse un cuadro do pintor brasileiro Romero Brito (2)
Enlaces que se citan:
(1) Enlace ao post anterior onde se falaba desta páxina: http://casadetolos.nireblog.com/post/2008/10/04/tunea-as-tuas-fotos
(2) Enlace á páxina oficial do pintor Romero Brito: http://www.britto.com/
(3) Enlace ao blog da profe Uxía onde podedes ver un exemplo cunha foto:
http://sereassencadeas.blogspot.com/2008/11/maquillmonos.html


Chúzao
del.icio.us

