Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

I CONGRESO TADEGa

Coruxo

Levo algún tempo sen escribir neste caderno, e o motivo non foi outro que estar inmersa na organización do I CONGRESO TADEGa (1)

Hoxe, xa de resaca, e coa sensibilidade a flor de pel despois de todo o escoitado na última mesa quero agradecer a TADEGa, e sobre todo ao Cheriff JUAN, que contara conmigo para este proxecto.

Foi un traballo duro pero amplamente recompensado.

Coñecer a os "tres monstruos marcianos" (Emilio, Javier e Manolo) e aprender das súas mans algo máis sobre diversidade, usabilidade, accesibilidade, e tantas outras cousas .....

O privilexio que vai a supoñer para os socios e socias de TADEGa poder utilizar dun xeito gratuíto o gran potencial que ten aumentativa.net (2)

Espero a Consellería asine moi pronto un convenio con DIVERTIC e  todo o profesorado galego dispoña tamén deste acceso.

A demostración de Manolo Gómez do que se pode facer con tan só un par de clics deixou abraiado a todo o aforo. Vémonos en TECNONEET! (3)

Volver a estar cos compañeiros e compañeiras de TADEGa coñecer a outros que aínda non coñecía foi un verdadeiro placer.

As camisetas diseñadas por Uxía foron o toque "especial" do congreso (ao final non fixemos a foto con elas postas :(

Quero aproveitar tamén para dar a benvida aos novos socios e socias.

e mil grazas a todas e todos por ser e por estar guino.gif

 Podedes ver algunhas fotos do evento no meu album web de picasa (4)

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina do congreso de TADEGa :

http://www.tadega.net/congreso2008.php?lang=gl&esti=b

(2) Enlace á páxina de aumentativa:

http://www.aumentativa.net/

(3) Enlace á páxina do congreso TECNONEET 2008:

http://congreso.tecnoneet.org/

(4) Enlace ao meu álbum web con fotos do congreso.

http://picasaweb.google.com/belenjunquera


Chúzao | del.icio.us

Comentarios(7) »

  1. Javier Míguez Mato — 26-05-2008 - 08:48:34 GMT +1

    Hola Belen, queria felicitarvos a tod@s os de Tadega polo gran congreso que fixestes.
    Falei contigo o sabado (son o amigo de Belen de Padrón)
    Un saudo e a seguir asi.

  2. Juan — 26-05-2008 - 09:18:19 GMT +1

    Ola Belén:

    Só dúas cousiñas moi curtas, mínimas.

    Graciñas en nome da xunta directiva da asociación polo teu traballo neste congreso.

    Graciñas en nome propio polo teu traballo e humanidade desbordantes. Inesquecible e impagable.

    Juan.

  3. Manuel Masaguer — 26-05-2008 - 22:20:23 GMT +1

    Graciñas por todo , polo congreso, pola confianza, pola paciencia, por estar pendente de todo , polo teu traballo no congreso. Vemonos en TECNONET

  4. Tolinha — 26-05-2008 - 23:52:20 GMT +1

    Graciñas a tod@s vós por soportar a unha mandona como ésta. :P

  5. Tolinha — 26-05-2008 - 23:54:22 GMT +1

    Graciñas Javier, alegrámonos moito que che gustara. Os vosos comentarios son os que dan forzas para seguir traballando e intentar que o 2º congreso sexa mellor.

  6. Ana — 28-05-2008 - 19:52:06 GMT +1

    Teño moitas preguntas.
    Uxía é a q fai todos os debuxos q aparecen en tadega (os logos)?

    Quen é o q aparece ao teu lado nas fotos das camisetas? Pq pouco a pouco vanse coñecendo caras como Susana e Manuel do grupo sementeira, Uxía,etc.

    Parabéns a todos!!!

  7. Deandre — 22-07-2008 - 12:01:35 GMT +1

    Your blog is very informative.

    sinus infection
    projectors reviews
    ae

TrackBack URI

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>