Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Non puido ser!!

tarjeta.jpg

Aquí estou no mesmo Bucarest escoitando ás gañadoras do premio etwinning, e non é o noso proxecto "kids h@nd in h@nd" (1)
Outro proxecto galego "My town, your town. Our lives in a calendar" (2)  foi o gañador na categoría de 4 a 9 anos.

 Parabéns Aurora!!

Comezaba esta entrada fai uns días en Bucarest pero ata hoxe non puiden rematala.

Decir agora que o menos importante foi non ganar pode parecer falso, pero sinceiramente, a pesares de que me gustaría ganar, sobre todo polos nen@s e Lieven (merecíao despois de tanto traballo) é a verdade.

Coñecer por fin ao "Dream Team" (Lieven, Vilenka, Sasha, Erika, Margo e Tiiu ) despois de tres anos traballando xunt@s  xa foi un premio especial para min. (Mela tamén é parte do equipo pero con ela teño a sorte de traballar máis preto :P )

Coñecer ás rapazas do servicio nacional Beatriz e Concha, aos 10 premios nacionais ( Adelino, Beatriz, Conchita, Cristina, Fina, Inma, Joaquín, José Luis, Montse, Piedad, Roberto) e as risas que botamos xuntos, fixeron que pasar un fin de semana "secuestrados" nun hotel de Bucarest pagara á pena :P

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á web do proxecto "Kids h@nd in h@nd" no enderezo : http://www.sip.be/STAManD/feelings/kidshandinhand.htm

(2) Enlace á web do servicio nacional etwinning no que falan dos premios.

http://etwinning.cnice.mec.es/noticias/premios.php 


Chúzao | del.icio.us

Comentarios(6) »

  1. Sapoconcho — 21-03-2008 - 12:27:45 GMT +1

    Pois non se gañou, e que? Xa será para outra (se é que a hai). Pero a experiencia non cha quita ninguén, a que non?

  2. Cris — 21-03-2008 - 13:00:51 GMT +1

    Por los niños es un pena, pero sois ganadores igual, porque es una pasada que vuestro proyecto estuviera entre los finalistas a nivel europeo... Yo estoy muy orgullosa como compañera actual... Enhorabuena

  3. Marta — 21-03-2008 - 19:15:46 GMT +1

    Parabéns por esa "nominación europea", a verdade é que é todo un éxito!!!!
    Espero que disfrutaras da viaxe ;)

    Biquiños!!!

  4. Moucho Frianón — 24-03-2008 - 21:13:03 GMT +1

    El estar en Rumania, con los mejores, ya es ganar. En Frian estamos orgullosos de contar con "profes" tan internacionales. Enhoraboa Junque

  5. Xosé Antón — 25-03-2008 - 00:39:57 GMT +1

    O de menos é quen figure como gañador. O importante é o camiño e chegar a onde se chegou. Parabéns!!!

  6. Teacher Chus — 02-04-2008 - 08:22:12 GMT +1

    As ausencias non significan olvido e ainda que estes dias a Teacher anda ben liada era visita obligada a este post para seguir dandolle a naroboa a autora por todo ese traballo que con ou sen primeiro premio e xenial.

TrackBack URI

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>