Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

TUX PAINT

andrea.png
                                               Debuxo feito por Andrea

Tux Paint é un dos meus programas favoritos, no só porque é software libre senón, sobre todo, porque podes personalizar os selos e "tunear" calquera imaxen e facer unha montaxe sen necesidade do potochop.

Sempre o ensino nos meus cursos e traballei con él en tódolos coles nos que estiven pero agora, a nova versión e aínda máis xenial. Os selos tamén inclúen sons. Por defecto veñen en inglés o que é fantástico para os que somos teachers pero existe a posibilidade de incluir o son que queiramos, a igual cos selos.

So temos que gardar na carpeta de selos a imaxe (.png) e o arquivo de son (.wav) co mesmo nome.

Aquí tedes un exemplo de montaxe (iba a facer unha tipo "tomate" pero quedaba pouco educativa así que tunei un cole je je)

montaxe.png

Esta outra (aínda que no non o creades je je)  ao picar no peixe escoitábase "colorea este peixe como máis che guste"

peixe.jpg


Chúzao | del.icio.us

Comentarios(2) »

  1. Mela — 26-09-2007 - 20:07:27 GMT +1

    Muuuu chuli¡¡¡
    Hoxe os profes das Xornadas de Ensino da C.I.G en Santiago tamén puideron probalo por fín¡¡¡¡
    Aínda que os ordenadores non deixaban descargar o programa si que puideron usalo ó "cortarlo e pegalo" dende un "pincho" (así lle chama ó lápiz USB un dos profes que veñen ó curso).
    Vou probar o dos sons que aínda non probara.

  2. mamiago — 29-09-2007 - 00:07:48 GMT +1

    hola!
    Si quieres calabazas dime dónde te las dejo... Bikos

TrackBack URI

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>