Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

XORNADAS DE ENSINO

ficciones-chatnatacha-okif.jpg 

Durante toda a semán celebráronse no CEIP Mestres Goldar de Vigo as Xornadas de Ensino organizadas pola CIG e a AS-PG

Alí tiven o pracer de compartir unhas sesións intensas con 25 compañeiros descubrindo as posibilidades que nos ofrece o Encerado Dixital

A semán foi dura (aínda non temos collido o ritmo de traballo je je) pero espero que fose proveitosa para tod@s @s asistentes non só pola recopilación de material que ía no CD je je (Actividades do CEIP de Arzua, do Cra de Ponteceso, do Portal de Contidos, e as miñas propias (proximamente nas súas pantallas ;) )

Graciñas a tod@s pola vosa asistencia e por aturarme e tamén á dirección do centro polo trato recibido.

Xa sabedes onde estou se precisades calquera cousa.


Chúzao | del.icio.us

Un Comentario »

  1. frity — 26-09-2007 - 14:00:43 GMT +1

    paréceme que che gusta moito o das "novas tecnoloxías", que pena que o empregues como vellas pedagoxías....Seguimos a facer fichiñas, pero agora no encerado dixital..que mágoa.

TrackBack URI

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>