Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

INFORENSINO

inforensinosma.gif 

Durante toda a finde semán celebróuse en Lugo a VII xornadas de Inforensino.

Durante 3 días déronse cita no Pazo de congresos de Lugo uha morea de mestres "abducidos" por isto das TICs.

Tiven o pracer de compartir estas xornadas con amigos como Nati e Toño (redactor dixital), coñecer a Fran Macías, creador do LIM (entre outras cousas) Felo Couto de La clase blanca e tamén puiden saudar aos compañeiros de EDIga, Abraham (CEIP Laredo) e Jose (CRA de Ponteceso) Coma sempre nestes eventos hai ponencias que te gustan moito, outras non tanto pero sempre son unha boa ocasión para compartir experiencias cos compañeir@s


Chúzao | del.icio.us

Comentarios(4) »

  1. Carlos — 16-09-2007 - 23:35:57 GMT +1

    E estabades ahi e non me dixestes nada!!
    Foi unha mágoa non poder coñecervos en persoa, co cerquiña que estivemos (A próxima ocasión será, mentres, lémonos nos blogs).

    Un saúdo e bo traballo, quedas ligada ao meu lector de sementes ;)

  2. Belén — 17-09-2007 - 00:34:57 GMT +1

    e que no fondo son tímida!! je je je

    Ti xa estabas antes no me lector de sementes ;) (por certo aprendín ese novo palabro na túa ponencia je je)

  3. Xosé Antón — 25-09-2007 - 19:32:43 GMT +1

    Moi grata a compañía. Coincido en que aprender cousas novas non sempre é o máis importante nestas xornadas. Sempre é grato poñerlle cara a moitos coñecidos e admirados da rede.

  4. Felo — 01-10-2007 - 11:53:00 GMT +1

    Pois anda que eu que teño que preguntar quen é cadaquén... ;)

TrackBack URI

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>