Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Xornadas eTwinning

etwinning.jpg

Acabo de chegar das Xornadas sobre eTwinning coa cabeza chea de información. Algunha moi interesantes, outra non tanto....  pero sobre todo cunha serie de reflexións sobre o que estamos a facer e o que AINDA nos queda.

Unha das cousas máis "sorprendentes" (por así decilo) foi que un dos colegas portugueses sinalase dous programas feitos por compañeiros galegos Ardora e LIM. Está ben eso de que nos "vendan" dende o estranxeiro pero estaría xenial ter o apoio "dos nosos"  non si?

Estas xornadas sempre son positivas xa que serven de punto de encontro cos colegas e das charlas, sobre todo durante o café, surxen interesantes iniciativas.

Salientar tamén o ben que nos tratou a Consellería (non sempre imos criticar je je)


Chúzao | del.icio.us

Comentarios(2) »

  1. sapoconcho — 17-01-2007 - 19:55:52 GMT +1

    Meu deus, que cousas máis raras dicides @s informátic@s! Twinning??? Que será iso??? En infantil temos diso??? Nacemos con el? Está nas rebaixas? je, je, je. Un saúdo.

  2. Tolinha — 21-01-2007 - 21:40:58 GMT +1

    Ehhh Sapoconcho, non te equivoques que eu non son informática, só unha simple mestra, eso sí abducida, recordas??
    O eTwinning é para os de infantil, para os de primaria, para os de aquí, para os de alá, para os músicos, para os deportistas.... en fin para todos!! ;)

TrackBack URI

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>