Internet como recurso na área de Lingua Galega
O curso que estivemos a facer sobre Internet como recurso na área de Lingua Galega resultou moi interesante. Variado e ameno, mostrounos un amplo abano de posibilidades para utilizar as novas tecnoloxías na nosa língua.
Pola miña parte a ferramenta que máis me gustou foi o Ardora. Aínda que oira falar del, non o tiña utilizado. Pareceme unha ferramenta con moito potencial, resulta moi sinxelo de utilizar e ofrece unha morea e posibilidades. Empezarei a diseñar actividades en canto teña un pouquiño de esa cousa.... como lle chaman? Ah sí, ... TEMPO! je je
Gustaríame tamén que esta boa iniciativa por parte de Paco de dinamizar os cursos e fomentar o uso das novas tecnoloxías unha vez rematados (todos sabemos onde acaba o que aprendemos cando non se practica) se vexa reflexada nas blogs.
Se en algo vos podo axudar non dubidedes en contactar conmigo. Así que dende aquí moito ánimo e veña...... a bloguear!!!


Chúzao
del.icio.us

Todos estamos parecido: moitas gañas de facer cousas e pouco tempo para facelo. Haberá que establecer prioridades.
desde logo que si. coincido cos dous.
estou á espectativa. agardo polas creacións dos compañeiros. recibiredes novas.