Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Día da Paz

paz.jpg

sol.jpg

Falando de eTwinning

man.jpgabeja.jpg                   oso-pardo.jpg

Xa sei que eso de eTwinning soa raro pero irmanarse cun centro europeo para facer un traballo en conxunto (eso é eTwinning) é moi doado.

O primeiro que hai que facer é inscribirse no portal  (solicitar o curso de formación tamén axuda :P ) Despois buscar un proxecto adecuado aos teus intereses, e unha vez que o atopas solicitar a irmandade.

Este é o camiño máis sinxelo, tamén podes presentar ti o teu proxecto e buscar socios para levalo a cabo.

Eu estou en tres proxectos un xa rematado e outros dous aínda activos.

  • Libros que medran (xa vos contarei máis cousas deste proxecto)

Animadevos a irmanarvos!!!

Xornadas eTwinning

etwinning.jpg

Acabo de chegar das Xornadas sobre eTwinning coa cabeza chea de información. Algunha moi interesantes, outra non tanto....  pero sobre todo cunha serie de reflexións sobre o que estamos a facer e o que AINDA nos queda.

Unha das cousas máis "sorprendentes" (por así decilo) foi que un dos colegas portugueses sinalase dous programas feitos por compañeiros galegos Ardora e LIM. Está ben eso de que nos "vendan" dende o estranxeiro pero estaría xenial ter o apoio "dos nosos"  non si?

Estas xornadas sempre son positivas xa que serven de punto de encontro cos colegas e das charlas, sobre todo durante o café, surxen interesantes iniciativas.

Salientar tamén o ben que nos tratou a Consellería (non sempre imos criticar je je)

Acabáronse as Jolideys!!

hpn.png

Remataron as vacacións, espero que todos descansarades o que necesitabamos, disfrutarades moito do Nadal e cargarades as pilas que agora ven o traballo duro.

Seguro que as súas Maxestades de Oriente se portaron moi ben con nós porque somos tan bos... :P

Deséxovos un ano impresionanTIC

Bicos

Aprender investigando

aprender.png

Por segunda xornada consecutiva as inclemencias do tempo fixeron que remataramos a sesión dunha maneira un pouco "apurada" espero que vos servira, que vos resultara amena e sobre todo que vos anime a crear os vosos propios material e a utilizar as TIC como unha ferramenta máis na vosa tarefa diaria.

Se precisades calquera cousa non dubidedes en poñervos en contacto comigo. Será un pracer botar unha man.

Espero recibir os enderezos dos vosos blogs moi pronto.

Ata cando queirades.

Internet como recurso na área de Lingua Galega

O curso que estivemos a facer sobre Internet como recurso na área de Lingua Galega resultou moi interesante. Variado e ameno, mostrounos un amplo abano de posibilidades para utilizar as novas tecnoloxías na nosa língua. 

Pola miña parte a ferramenta que máis me gustou foi o Ardora. Aínda que oira falar del, non o tiña utilizado. Pareceme unha ferramenta con moito potencial, resulta moi sinxelo de utilizar e ofrece unha morea e posibilidades. Empezarei a diseñar actividades en canto teña un pouquiño de esa cousa.... como lle chaman? Ah sí, ... TEMPO! je je  

Gustaríame tamén que esta boa iniciativa por parte de Paco de dinamizar os cursos e fomentar o uso das novas tecnoloxías unha vez rematados (todos sabemos onde acaba o que aprendemos cando non se practica) se vexa reflexada nas blogs.  


Se en algo vos podo axudar non dubidedes en contactar conmigo.

  Así que dende aquí moito ánimo e veña...... a bloguear!!!