Winnie the Pooh
Faille cóxegas a Winnie the Pooh e aos seus amigos.
Faille cóxegas a Winnie the Pooh e aos seus amigos.

Este ano a Consellería voltou a contar conmigo para ser tutora dos/as profes do programa PALE (Programa de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras) (1)
Espero que as duras sesións de traballo aos/ás participantes lle resultasen igual de agradables ca min.
Coma sempre un pracer traballar con Xabier Sanisidro e compartir obradoiros con Jose, Abraham, Felo e Antón e este ano ademáis con Mariló.
Seguimos no PLATEGA! Moito ánimo!
Enlaces que se citan:
(1) Enlace á páxina de linguas da Consellería:

Este ano non me dou tempo de recopilar novos recursos sobre o Magosto.
Podedes visitar a páxina do Frian Teis e a Web de Norberto (que sempre son unha boa fonte de recursos) ou utilizar algúns do meu post do ano pasado.
Enlaces que se citan:
(1) Enlace aos recursos sobre o Magosto do CEIP Frian:
http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/?q=category/13/118/175
(2) Enlace aos recursos sobre o Magosto de Norberto:
http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/magosto/recursos.htm
(3) Enlace ao post do curso pasado
Coloca cada cousa na súa sombra

Se non coñeces a Jen Stark estaste perdendo unha artista estupenda.
Ten unha nova páxina web (1) que non vos debedes perder. Ademáis de xogar coas formas do inicio, navegade polas súas creacións (os botóns están escondidos nas cores da parte superior)
As súas creacións son sorpendentes e cheas de colorido.
Aquí tedes un video da súa canle en vimeo (2)
"Papermation" by Jen Stark from Jen Stark on Vimeo.
Enlaces que se citan:
(1) Enlace á páxina de Jen Stark
http://www.jenstark.com/index.php
(2) Enlace á canle de Jen Stark en Vimeo
Julia Donaldson é unha das miñas escritoras favoritas.
Ademáis do Gruffalo (1) e o Grufaliño, dos que xa vos falei con anterioridade, ten outros contos xeniales.
Hoxe vos presento Room on the broom. Un conto sobre unha bruxa que tiña un gato, un sombreiro moi alto, unha trenza longa de pelo roxo e do que lle aconteceu....
Podedes descargar algúns recursos coma imaxes secuenciadas do conto (2) ou imaxes de persoaxes (3)
Aquí tedes un video para os/as que non o coñezades.
Enlaces que se citan:
(1) Enlaceao post sobre o Gruffalo:
http://casadetolos.nireblog.com/post/2008/12/27/the-gruffalo
(2) Enlace ás secuencias:
http://madenglishouse.eu/ROOM_ON_A_BROOM.pdf
(3) Enlace ás imaxes:
Elixe o animal correcto para continuar a serie.