Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: TIC

PICTAPS

tolinha 22/04/2007 @ 20:40

Aquí tedes unha ferramenta interesante para usar cos vosos alumnos.
É sinxelo e moi divertido.


(Este non o fixen eu pero mola)

DOCENTIA

tolinha 14/04/2007 @ 13:33

logo2007_225_2.gif

12,13 e 14 de abril no IFEVI Vigo

O máis destacable da sesión Docentia@TIC  foi a intervención de Juan J. Fernández e Abraham Domínguez mostrándonos os seus traballos en TADEGa donde teñen un caderno fantástico.

Abraham tamén ensinou os proxectos do seu centro o CEIP de Laredo (Chapela)

Houbo tamén unha presentación de pizarras interactivas eBeam algunha das súas características paréceme moi interesante.

Hoxe era o turno de aulas con software  patrocinado por GroupVision. A xornada foi interesante contou coa presencia do maestro Pere Marqués e compañeiros que coma Felo (Clase Blanca) mostraronnos o que están facendo nas súas aulas. Non faltaron lendas nesto do uso das TIC nas aulas como poden ser Jose Manuel Bouzan (Ardora) Manolo Paz (Edugaliza) ou a xente do CRA de Ponteceso e outros compañeir@s se cadra menos coñecidos pero con moitas ganas e ilusión está a facer uso das pizarras dixitais na súa labor docente diaria. (disculpade por non poñer os vosos nomes)

A visita ao salón vale a pena aínda que só sexa para visitar o stand de Smart e ver como está o distribuidor das pizarras .... dan gañas de levarse unha para casa! ;-) :-P

Se queredes leer un resumo moito máis amplo visitade http://www.galpon.org/modules/news/article.php?storyid=559