Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: TIC

Fíodor, o gato con armadura

tolinha 31/10/2009 @ 21:51

Gústame saír a mariscar pola rede, pero teño un defecto. Ás veces encho as nasas con capturas exquisitas pero non anoto de que mares proveñen.

Hoxe, navegando polo disco duro, atopei un material para educación infantil, Fíodor (1), unha aplicación educativa deseñada por Balbino de Oro Martín.

fiodor o gato

Todas as actividades son moi intuitivas e abarcan o currículo de infantil.

Xiran entorno a Fíodor, un gato con armadura que recorre as salas dun castelo. Dirixe a Fíodor hacía unha porta que abrira unha actividade ou nalgún caso outro menú.

Idioma: castelán.

No que eu teño descargado inclúe tamén unha guía didáctica pero que na web non a vexo (se alguén está interesado non ten máis que pedila)

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á web de Fíodor:

http://www.telefonica.net/web2/fiodorelgato/index.html

Tux Paint

tolinha 06/10/2009 @ 23:38
Debuxo feito co tuxpaint

@s que me coñecedes xa sabedes que son "superfan" de TuxPaint.

Neste blog xa falei máis dunha vez do programa. Hoxe acabo de instalar a nova versión.

Botade unha ollada ás ferramentas "máxicas" hai unha morea de cousas novas moi interesantes.

Veña, a debuxar!!! ;)

Memory

tolinha 03/05/2009 @ 17:26

Seguimos a investigar as posibilidades didácticas do novo toolkit.

Aquí vos deixo as instruccións para facer un memory.

Actividades LIM

tolinha 12/04/2009 @ 19:56

Actividades LIM

 Nace un novo blog! (1)

Co fin de compartir as actividades LIM (2) que estamos a realizar uns cantos compañeiros e compañeiras estámolas subindo aquí para que os/as que vos interesen poidades facelas cos pequenos/as

Pouco a pouco iremos enchendo as diferentes áreas. Se alguén se anima a contribuir non ten máis que dicilo ;)

Enlaces que se citan:

(1) Enlace ao blog con actividades LIM:

http://actividadeslim.nireblog.com/

(2) Enlace á páxina do programa:

http://www.educalim.com/cinicio.htm

Xoga coas fotos

tolinha 10/04/2009 @ 19:32
disfrazado

Gústame tanto xogar coas fotos que os meus amigos/as cando atopan algunha páxina destas para xogar, cando marisquean pola rede pasanme o enlace para terme entretida ji ji ji. Graciñas Felo!! ;)

Nesta ocasión trátase de piZap (1). So tes que subir unha foto (o usar unha das que xa trae a aplicación) que empezar a poñerlle cousiñas, que si uns ollos, que se unha boca, o pelo.... en fin o que queiras

O resultado pode ser moi divertido! (bota unha ollada á galería e verás.

Por certo sabes quen é o da foto?? Sí, sí é o mismisimo..... :P

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina de piZap:

http://pizap.com/

REDETIC

tolinha 18/12/2008 @ 00:47

Logo de Redetic

Facía xa algún tempo que quería falarvos do cambio, non só de look, da páxina de redetic (1)

Nótase a man dos nosos queridos compañeiros Abraham e Jose ;)

Agora redetic non é unha simple páxina web sobre TICs se non que se convirte nunha verdadeira rede onde nós, os usuari@s, podemos contribuir a tecer esta rede para que se convirta nun lugar de referencia e repositorio de recursos educativos.

Á vosa disposición hai documentos dos proxectos TIC, videos educativos, anuncios sobre cursos, foros, cursos de autoformación (moi interesante!!) e unha morea de recursos máis.

Non deixedes de engadila aos vosos favoritos

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina de RedeTic: http://centros.edu.xunta.es/contidos/redetic/

PALE 2008

tolinha 14/12/2008 @ 22:00
Bilingües
Imaxe do Profesor Potachov de Moldavia

Esta fin de semán tiven o pracer de traballar cos mestres e mestras do programa PALE 2008 (1)

Para min foi un honor formar parte do grupo de relatores escollidos para guiar aos mestres e mestras nesto das TICs. Traballar con Abraham, Antón, Felo e Jose foi un auténtico pracer.

Espero que os asistentes sairan tan contentos coma nós.

Todo é mellorable pero tanto Xabier San Isidro e Ángeles Abelleira da consellería como Carmen do CFR de Pontevedra estiveron en todo momento pendentes para que todo fose sobre rodas.

Eu non puden reprimirme e fixen bailar, coma de costume, aos asistentes. Prometo fotos proximamente je je je

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina de linguas estranxeiras da Consellería:

http://www.edu.xunta.es/linguasestranxeiras/ 

KARAOKE NO EDI

tolinha 21/11/2008 @ 00:14
Soy una taza. Karaoke para Edi

A estas alturas supoño que xa sabedes canto me gusta facer bailar "ao persoal" cando teño un obradoiro de EDI. Ademais de ELMO (1) agora tamén convirto aos asistentes nun completo menaxe de cociña :P

Se queredes bailar pola vosa conta, acabo de subir a EDIGa (2) a versión que fixen do Karaoke para que a poidades descargar.

Espero que vos guste.

Enlaces que se citan:

(1) Post anterior sobre ELMO

http://casadetolos.nireblog.com/post/2008/06/24/elmo

(2) Enlace á páxina de EDIGa onde podedes descargar "Soy una taza"

http://ediga.net/gestor/index.php?act=view&id=353

PINTA CUADROS FAMOSOS

tolinha 19/11/2008 @ 00:42

Cuadro de Romero Brito

Nun post anterior (1)  prometín contarvos como pintar cuadros famosos no EDI con voso "estilo" e como o prometido é deuda, hoxe deixovos un vídeo que explica como se fai. Tamén se pode utilizar para pintar fotos (3)

1º Busca o cuadro que queiras "re-pintar" e gardao no teu ordenador.

2º Vai á páxina http://www.dumpr.net/  e elixe "photo to sketch" examina e vai á carpeta onde teñas o cuadro. Cando estea listo volve a gardalo.

3º Para pintalo tes dúas opcións:

  • abrilo co Notebook e pintar ao teu gusto (como no video)
  • convertilo nun selo de tux paint e pintalo co programa.

Para facer este exemplo utilizouse un cuadro do pintor brasileiro Romero Brito (2)

Enlaces que se citan:

(1) Enlace ao post anterior onde se falaba desta páxina: http://casadetolos.nireblog.com/post/2008/10/04/tunea-as-tuas-fotos

(2) Enlace á páxina oficial do pintor Romero Brito: http://www.britto.com/

(3) Enlace ao blog da profe Uxía onde podedes ver un exemplo cunha foto:

http://sereassencadeas.blogspot.com/2008/11/maquillmonos.html

PINCEL MÁXICO

tolinha 13/06/2008 @ 22:30

Eu quero un pincel como este para o meu EDI !!!!!