Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Recursos

Iniciativa pola PAZ

tolinha 16/01/2009 @ 21:47
Mural da Paz*

 Dende o CEIP San Walabonso (1) de Niebla (Huelva) nos propoñen unha inicitiva pola Paz a través dun blog (2) especialmente deseñado para este día.

Trátase de recoller mensaxes de todo o mundo para o Día da Paz.

Así que se vos animades xa sabedes, enviade o voso mensaxe ao seguinte enderezo de correo: sanwalabonso.diadelapaz@blogger.com

Na páxina do CEIP podese acceder tamén a outras actividades para o día da Paz.

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina do CEIP San Walabonso:

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/sanwalabonso/

(2) Enlace ao blog da iniciativa: http://unmensajedepaz.blogspot.com/

 *Foto dun dos murais do CEIP Frian Teis (Vigo) http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/galeria/
 

Día da Paz e non violencia

tolinha 14/01/2009 @ 22:40
Mural da Paz

Quería aportar algún recurso novo para traballar o tema da Paz e a non violencia ademáis dos recursos que vos propuxen o curso pasado (1) e marisqueando pola rede atopei estas cousiñas, espero que vos sirvan.

  • Cuentos de Paz (2) dentro da páxina do CEIP-TIC Pedro Corchado (Jaén) (3)
  • Xogos cooperativos (4)
Peace? yes, please
  •  Canción "Corazón de cremallera" que traballamos o ano pasado no EEI Vagalume (5)
  • Actividades ludicas educativas (6) Páxina con moreas de actividades sobre o tema (manualidades, poemas, videos, contos.....)
  • Banderín da Paz
Banderin
  • Video tutorial "Mural por la Paz" (7)
  • Preciosa canción de Cómplices. Eu fixen unha versión recitada fai moito tempo e quedará xenial (lástima que a inundación estragara o meu vídeo:P )

Como aínda queda tempo bucearei nos meus discos e seguirei mariscando por se aparece algo interesante.

Enlaces que se citan:

(1) Recursos do ano anterior http://casadetolos.nireblog.com/archives/2008/01

(2) Cuentos de Paz: http://cuentosparadormir.com/valores/cuentos-de-paz

(3) Escuela de Paz CEIP-TIC Pedro Corchado, Bailén (Jaén): http://www.pedrocorchado.es/paz.html

(4) Juegos cooperativos : http://www.pangea.org/apoleo/document/cuatro%20estaciones.pdf

(5) Corazón de cremallera (The jaggets)

http://eeivagalume.blogia.com/2008/012901-cancion-da-paz.php

(6) Paxina de Actiludis: http://www.actiludis.com/category/eventos-y-festividadades/dia-de-la-paz-eventos-y-festividadades/

(7) Video tutorial http://www.youtube.com/watch?v=mKbU5Eyc2wE

Pancarta Paz

SEMPRE, pero agora máis que nunca,

Pancarta pola Paz do Seminario Galego pola Paz

Enlaces

tolinha 12/01/2009 @ 21:56

Xa estou de volta coas pilas recargadas despois de turistear por London (a verdade que é unha cidade que vale a pena unha escapadiña de cando en vez ;) )

Quero compartir con vós unhas aplicacións moi chusquiñas feitas por Carmen (1) que serven para usar tanto no ordenador coma no encerado dixital

Se queredes facer que neve na Lanzada so tedes que visitar: http://xoaninhas1.blogspot.com

Neve na Lanzada

Para xogar coa lúa e as ondas do mar: http://xoaninhas.blogspot.com/

Lúa e mar

Para escoitar unha canción de berce e xogar co móbil: http://xoaninhas2.blogspot.com/

Móbil de berce con lúa, sol e estrela

Caleidoscopio: http://xoaninhas3.blogspot.com

Caleidoscopio

Para xogar coa fotografía da Praza da Leña de Pontevedra: http://xoaninhas5.blogspot.com/

Fotografía da Praza da Leña de Pontevedra

Carmen ten ademáis unha canle de TV na que podedes ver vídeos moi interesantes. http://luscofuscotv.blogspot.com/

Enlaces que se citan:

(1) Blogs da profe Carmen:

Cando o mar peta na porta (Blog de sexto curso de primaria) http://omarpetanaporta.blogspot.com/

A casa de dona Lisa (Blog de infantil) http://acasadedonalisa.blogspot.com/

PICNIK

tolinha 27/12/2008 @ 20:22

Montaxe feita coa mesma foto despois de xogar un pouco en picnik

Hoxe non vos propoño coller a cestiña e o mantelo de cuadros e irnos de picnic ao campo (que tampouco estaría mal non? :P)

O que vos propoño é que probedes PICNIK (1) unha desas ferramentas que ten a famosa web 2.0 :P

Trátase dun editor de fotografía on line. Podes retocar, mellorar e darlle efectos incribles ás túas fotografías gratis e sen necesidade de rexistro.

Vedes a foto de arriba? Pois só é unha pequena mostra do que se pode facer cunha foto (a orixinal é a de abaixo) nun momentiño.

Espero que vos divirtades! je je

Plantilla TADEGuiana do Hospital Central

Enlaces que se citan:

(1) Páxina web de picnik: http://www.picnik.com/

REDETIC

tolinha 18/12/2008 @ 00:47

Logo de Redetic

Facía xa algún tempo que quería falarvos do cambio, non só de look, da páxina de redetic (1)

Nótase a man dos nosos queridos compañeiros Abraham e Jose ;)

Agora redetic non é unha simple páxina web sobre TICs se non que se convirte nunha verdadeira rede onde nós, os usuari@s, podemos contribuir a tecer esta rede para que se convirta nun lugar de referencia e repositorio de recursos educativos.

Á vosa disposición hai documentos dos proxectos TIC, videos educativos, anuncios sobre cursos, foros, cursos de autoformación (moi interesante!!) e unha morea de recursos máis.

Non deixedes de engadila aos vosos favoritos

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina de RedeTic: http://centros.edu.xunta.es/contidos/redetic/

XMAS IS COMING

tolinha 06/12/2008 @ 16:30

Xa chega o Nadal e para os que aínda non teñades material para traballar nas aulas deixovos uns enlaces onde atoparedes cousiñas. Espero que vos gusten e vos sirvan.

Páxina doslourdes.net especial Nadal con manualidades, postais, contos, poesías, debuxos para colorear.....   http://www.doslourdes.net/NAVindex.htm

Dltk kids, moitas e moi variadas actividades (en inglés) http://www.dltk-holidays.com/xmas/index.html

Kiddys craft, variedade de actividades (en inglés) http://www.kidsrcrafty.com/christmas.htm 

Saúdos navideños en 54 idiomas: http://www.guiainfantil.com/navidad/idiomas.htm

Letras de Panxoliñas (en castelán):

http://www.guiainfantil.com/servicios/musica/villan/indice.htm

Debuxos para colorear:

http://www.dibujos-para-ninos.com/dibujo-navidad-ninos.html

Xogos on-line : http://www.navijuegos.com/

A CONSTITUCIÓN

tolinha 01/12/2008 @ 00:17

O vindeiro día 6 conmemorase o 30 aniversario da constitución de 1978

Aquí tedes un par de enlaces interesantes para traballar a constitución.

(1) Enlace a actividades de jclic "La constitución para niños"

Constitución para niños

(2) Enlace á páxina da Junta de Andalucía con actividades para traballar a constitución na escola.

constitución

KIRIMA

tolinha 25/11/2008 @ 23:49
El viaje de Kirima

Grazas a Meninheira (1) descubro un conto precioso, "El viaje de Kirima" (2)

Trátase dunha páxina (3), subencionada polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural Marino (4) que ademáis do conto xa mencionado aporta unha guía didáctica e material para traballar o cambio climático e o coidado da nosa terra ao alumnado de Infantil.

Enlaces que se citan:

(1) Blog de Meninheira: http://dalleuncolinho.blogspot.com/

(2) Conto de Kirima: http://www.kirima.es/cuento/index.htm

(3)Páxina de Kirima: http://www.kirima.es/

(4) Páxina do Ministerio: http://www.marm.es/

KARAOKE NO EDI

tolinha 21/11/2008 @ 00:14
Soy una taza. Karaoke para Edi

A estas alturas supoño que xa sabedes canto me gusta facer bailar "ao persoal" cando teño un obradoiro de EDI. Ademais de ELMO (1) agora tamén convirto aos asistentes nun completo menaxe de cociña :P

Se queredes bailar pola vosa conta, acabo de subir a EDIGa (2) a versión que fixen do Karaoke para que a poidades descargar.

Espero que vos guste.

Enlaces que se citan:

(1) Post anterior sobre ELMO

http://casadetolos.nireblog.com/post/2008/06/24/elmo

(2) Enlace á páxina de EDIGa onde podedes descargar "Soy una taza"

http://ediga.net/gestor/index.php?act=view&id=353

PINTA CUADROS FAMOSOS

tolinha 19/11/2008 @ 00:42

Cuadro de Romero Brito

Nun post anterior (1)  prometín contarvos como pintar cuadros famosos no EDI con voso "estilo" e como o prometido é deuda, hoxe deixovos un vídeo que explica como se fai. Tamén se pode utilizar para pintar fotos (3)

1º Busca o cuadro que queiras "re-pintar" e gardao no teu ordenador.

2º Vai á páxina http://www.dumpr.net/  e elixe "photo to sketch" examina e vai á carpeta onde teñas o cuadro. Cando estea listo volve a gardalo.

3º Para pintalo tes dúas opcións:

  • abrilo co Notebook e pintar ao teu gusto (como no video)
  • convertilo nun selo de tux paint e pintalo co programa.

Para facer este exemplo utilizouse un cuadro do pintor brasileiro Romero Brito (2)

Enlaces que se citan:

(1) Enlace ao post anterior onde se falaba desta páxina: http://casadetolos.nireblog.com/post/2008/10/04/tunea-as-tuas-fotos

(2) Enlace á páxina oficial do pintor Romero Brito: http://www.britto.com/

(3) Enlace ao blog da profe Uxía onde podedes ver un exemplo cunha foto:

http://sereassencadeas.blogspot.com/2008/11/maquillmonos.html