Halloween is coming....
Para ir facendo boca, ideas para tallar cabazas. Fácil non? :P
Para ir facendo boca, ideas para tallar cabazas. Fácil non? :P

Páxina con información e ideas para traballar a reciclaxe.
Se alguén se anima a facerme un monedeiro como o da foto, xa sabe ;) (non ten que ser de marca :P )
Enlaces que se citan:
Enlace á páxina sobre reciclaxe: http://www.amarilloverdeyazul.com/

@s que me coñecedes xa sabedes que son "superfan" de TuxPaint.
Neste blog xa falei máis dunha vez do programa. Hoxe acabo de instalar a nova versión.
Botade unha ollada ás ferramentas "máxicas" hai unha morea de cousas novas moi interesantes.
Veña, a debuxar!!! ;)
Precioso conto para traballar as pequenas pero importantes diferenzas!!
Conto de Jérôme Ruillier editado por Juventud que trata sobre a inclusión e a integración

Páxina (1) moi interesante con recursos para traballar o tema da Interculturalidade
Enlaces que se citan:
(1) Enlace á páxina de Andaluna e Samir:
http://www.andaluna.org/

Un día, coma outro calquera naceu un elefante chamado Xandre.
Efectivamente, un día coma outro calquera, alguén de TADEGa (1) propuxo que fixeramos contos, e alguén máis leu un BOE (2)cunha convocatoria do MEC (3) para a elaboración de materiais que axuden a comprensión lectora..... e ahí xa a liamos!!!
Os TADEGuianos e TADEGuianas somos moi dados a embarcarnos en "aventuras" educativas e alá que fomos, como diría Buzzlightyear (4) "ata o infinito e máis alá"
Despois de 9 meses (sí, efectivamente, tratouse dun embarazo en toda regla) naceu Xandre, o noso elefantiño.
Xandre, é un proxecto cheo de ilusión, de esforzo, de traballo, de risas e discusións.
Xandre é un CONTO, un conto para todos e todas.
Intentamos que cada persoa que se achegue a Xandre poida disfrutalo por completo. Por iso temos versión en galego e castelán, utilizamos o sistema pictográfico, temos unha versión en lingua de señas (galego e castelán)
Ademais ofrece moitas actividades complementarias, XOGANDO
CON XANDRE (comprensión lectora, xogos cos pictos, xogos coas sombras, actividades sobre as personaxes, sobre diversidade......etc)
Xandre, ten ademais unha páxina web http://www.contosdexandre.net/ que nos gustaría compartir con todos/as vós. Se lle contades o conto de Xandre ao voso alumnado, fillos/as, sobriños/as, netos/as ou demais familia, gustaríanos que nolo contasedes que se fora posible aportarades documentos gráficos (fotos, videos) da experiencia.
Nesa web tamén irán aparecendo todas as novedades que haxa sobre Xandre, que espero sexan moitas.
Estamos abertos/as a suxerencias. Coa axuda de todos/as poderemos facer que Xandre nos conte máis aventuras!!!!
Espero que vos guste e que disfrutedes tanto de Xandre como nós.
Enlaces que se citan:
(1) Enlace a web de TADEGa:
http://tadega.net/
(2) Enlace á páxina do BOE (Boletín Oficial do Estado)
http://www.boe.es/
(3) Enlace á páxina do MEC (Ministerio de Educación )
http://www.educacion.es/portada.html
(4) Enlace á paxina da wikipedia sobre Buzzlightyear
http://es.wikipedia.org/wiki/Buzz_Lightyear

Acordádesvos de Lelo??? (1) aquel burriño que lle cantaba ás estacións no video de flocos.tv (2)
Pois grazas a unha das súas creadoras, Xana, entereime que agora xa o temos en galego. Parabéns!
Podédelo atopar na páxina http://animacam.tv/index.php onde ademáis hai máis curtas de animación. Non todas as que alí aparecen son axeitadas pero no apartado de prescolar hai cousas interesantes.
Graciñas Xana pola achega (esperamos máis aventuras de Lelo ;) )
Enlaces que se citan:
(1) Enlace ao post sobre Lelo :
http://casadetolos.nireblog.com/post/2009/03/22/lelo-e-as-estacions
(2) Enlace á páxina de flocos tv:
http://flocos.tv/categoria/animacion/
Novo recurso da Consellería de Educación para Educación Infantil

Xoga con Fervello: http://www.edu.xunta.es/xogaconfervello/