Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: MisturaMix

OPERACIÓN BIKINI

tolinha 09/06/2008 @ 22:06

Queres adelgazar? Conseguir un corpo 10? Meterte nunha 36?

Pois mira isto:

 

Este artículo pertence á campaña de Bloguer contra a anorexia.

Se tes un caderno de bitácora e te apetece, súmate á campaña que pretende posicionar en Google entradas relacionadas coa pérdida de peso e a súa relación coa anorexia, para que cando unha rapaza busque información sobre como perder peso chegue a algunha entrada como a que acabo de escribir.

Así que ánimate e únete á campaña "bloguers contra a anorexia" Unha iniciativa interesante que non costa nada apoiar. Así que xa sabes, se crees que merece a pena escribe en contra da anorexia!

Coidarse está ben pero todo ten un límite non cres? P

Visto en María Barceló (http://www.mariabarcelo.es/)

I CONGRESO TADEGa

tolinha 25/05/2008 @ 15:27

Coruxo

Levo algún tempo sen escribir neste caderno, e o motivo non foi outro que estar inmersa na organización do I CONGRESO TADEGa (1)

Hoxe, xa de resaca, e coa sensibilidade a flor de pel despois de todo o escoitado na última mesa quero agradecer a TADEGa, e sobre todo ao Cheriff JUAN, que contara conmigo para este proxecto.

Foi un traballo duro pero amplamente recompensado.

Coñecer a os "tres monstruos marcianos" (Emilio, Javier e Manolo) e aprender das súas mans algo máis sobre diversidade, usabilidade, accesibilidade, e tantas outras cousas .....

O privilexio que vai a supoñer para os socios e socias de TADEGa poder utilizar dun xeito gratuíto o gran potencial que ten aumentativa.net (2)

Espero a Consellería asine moi pronto un convenio con DIVERTIC e  todo o profesorado galego dispoña tamén deste acceso.

A demostración de Manolo Gómez do que se pode facer con tan só un par de clics deixou abraiado a todo o aforo. Vémonos en TECNONEET! (3)

Volver a estar cos compañeiros e compañeiras de TADEGa coñecer a outros que aínda non coñecía foi un verdadeiro placer.

As camisetas diseñadas por Uxía foron o toque "especial" do congreso (ao final non fixemos a foto con elas postas :(

Quero aproveitar tamén para dar a benvida aos novos socios e socias.

e mil grazas a todas e todos por ser e por estar guino.gif

 Podedes ver algunhas fotos do evento no meu album web de picasa (4)

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina do congreso de TADEGa :

http://www.tadega.net/congreso2008.php?lang=gl&esti=b

(2) Enlace á páxina de aumentativa:

http://www.aumentativa.net/

(3) Enlace á páxina do congreso TECNONEET 2008:

http://congreso.tecnoneet.org/

(4) Enlace ao meu álbum web con fotos do congreso.

http://picasaweb.google.com/belenjunquera

Elfos

tolinha 18/12/2007 @ 23:59

Estos son os meus "elfos" favoritos. Bueno agora teño dous máis pero aínda non teñen idade para bailar.

Se queredes ver a coreografía, picade na foto.

elfos3.jpg

PREMIOS BLOGS SOLIDARIOS

tolinha 20/10/2007 @ 10:08
premioblogsolidario21rr1.jpg

Graciñas a Chus por incluirme na súa lista de blogs solidarios e cumprindo coas normas de funcionamento do premio, expoño as regras de participación:

-Nominar a sete persoas que un crea que teñen blogs solidarios e enviarlles un correo electrónico para que se decaten do premio.
-Os premiados deberán entregar o premio á súa vez a outros sete bloggers da súa elección.
-Os premiados deberán publicar un post no seu blog (colocar a imaxe do blog solidario é opcional)

Os meus sete blogs solidarios son:

O redactor dixital  (por amosarme e iniciarme o apasionante mundo dos blogs )

Mela  (por compartir tantos proxectos)

Tendal de calcetíns (para apoiar esta nova singladura polo oceáno da blogosfera, e porque Chus xa nominou a escola de caracois je je)

Ediga (por ser un referente para @s que usamos o EDI )

TadeGA (porque o merecen )

Ourizos e chícharos (por pandereteiro ;) )

Esperando con ilusión (por moitas razóns )

Imaxes personalizadas

tolinha 01/10/2007 @ 15:25

Mariscando pola rede atopei esta páxina na que se poden personalizar imaxes. Pareceume interesante.

Walk of Fame Animated custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more - ImageChef.com

Quen soñou con ter unha estrela no paseo da fama?? Agora xa podedes je je

ESTOU DE ESTREA....

tolinha 17/09/2007 @ 17:13

mandi.jpg

Cando Iago e Diego ensinaron os seus mandilóns para este curso, prometín que lles amosaría o meu cando estivera rematado. Hoxe estiven de estrea, e como o prometido é.... aquí esta a foto do meu mandilón novo. Espero que vos guste. Moi discreto non é verdade? je je je

Volta á normalidade!

tolinha 02/09/2007 @ 21:22

volta_cole.jpg

CERRADO POR VACACIONS

tolinha 28/07/2007 @ 22:50

fuerte.jpg

Por fin chegan as vacacións agora toca descansarrrrrrrrrrrrr non penso facer outra cousa máis que volta e volta na praia, creo que o teño merecido despois dun curso complicado, moitos cursos (espero repetir ;) ) moito traballo e esforzo (finalmente recompensado) así que voume de vacacións ..... PORQUE YO LO VALGO! :P

Prometo contarvos moitas cousas á volta (xa teño algunhas ideas por ahí rondando je je)

Pasarei lista así que non se vos ocurra faltar eh!!!

 Que pasedes un bo verán. Moitas felicidades @s compañeir@s que aprobaron as opos e aos que non unha enchenta de ánimos para que o consigan o vindeiro ano.

 Un bico gordo.

Ata a voltaaaaaaaaaaaaaaaa!!

JALBUM

tolinha 26/06/2007 @ 22:13

gallery.jpg

Hoxe unha das miñas "alumnas" dun GT faloume de JAlbum, e claro, non me puiden resitir a probalo.

A verdade é que está moi ben. Sirve para facer galerías de imaxes e publicalas en Internet dun xeito moi sinxelo. Só tes que elexir as imaxes que queres publicar, seleccionar algunhas opcións e xenerar o album.

Así de fácil, ademais é gratuito.

FESTIVAL FIN DE CURSO

tolinha 25/06/2007 @ 23:06

No CEIP Sestelo-Baión tivemos un festival de fin de curso do máis ameno. Os de primeiro representamos "A CASA DA MOSCA CHOSCA" foi moi divertido.

Alí estabamos: a mosca chosca, o escaravello revello, o morcego chairego, o sapo castrapo, a moucha repoucha, a raposa chistosa o lobican pillabán e...

moscachosca.jpg

                                      sabedes quen pode ser ese oso larpeiro???? ;)

Graciñas ás Xulio Camba Girls polo atrezzo