Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Inglés

SAMAIN IS HERE

tolinha 28/10/2008 @ 00:05

 Bruxa de Halloween Bruxa de Samaín

Como anda a miña cabeciña tola que non me dei conta de que o Halloween/Samaín xa era está semán. 

 

Espero cheguen a tempo estos recursos que vos recomendo, dentro da ampla oferta que hai destas datas.

 Coñece algúns datos sobre a festa na páxina de Vieiros  

Visita o famoso Samaín de Cedeira  non deixes de visitar esta galería de cabazas sorprendentes (pica no ano e verás un montón de cabazas incribles)

Agora que xa tes unha idea podes deseñar a túa propia cabaza con este divertido xogo.

Nesta páxina atoparás unha morea de cousas sobre Halloween, entra se te atreves….. (en inglés)

Recordades a canción aquela de fofito que dicía: “Cuando el reloj marca la una, los esqueletos salen de la tumba…. Pois se queredes  podedes descargala neste enlace. Algunhas ideas para cancións en inglés.

Tamén podedes ler algúns libros como A bruxa do dente ou Indo para o Samaín ou para practicar inglés podedes ver este video

ou estoutro conto que me pasara fai tempo a profe Mela.

Scary Halloween

View SlideShare presentation or Upload your own.

Os maiores podedes visitar esta páxina

          

Algunha cousa máis habería para compartir pero eche o que hai cando unha anda ás carreiras :P

Espero que vos sirvan!

The very hungry caterpillar

tolinha 23/06/2008 @ 19:35

Esta é o último dos meus "experimentos" contar o meu conto preferido axudada por 186 pequen@s. Pensei que ía ser un desastre pero non o foi tanto. Que vos parece?

FROM LOST TO THE RIVER

tolinha 28/10/2007 @ 11:21
book.gif

Un dos meus libros favoritos en "inglés" é "From lost to the river" (de perdidos ao río) gustanme moito estas traducións "Sui géneris" que facemos do inglés (p.e. Octopus to the party = polbo á feira.....etc)

O outro día mariscando pola blogosfera atopei nun blog do Grove un termo que non escoitara nunca "filispin" a explicación do termo merece unha visita ao blog.

XORNADAS CLIL

tolinha 07/10/2007 @ 22:24
clil.jpg

 

Este venres e sábado celébrouse no Pazo de Congresos de Santiago as Xornadas sobre  "O ensino Clil, seccións bilingües"

A conferencia inagural estivo ao cargo do "showman" David Marsh da  Universidade de Jyväskylä en Finlandia. Dun modo moi ameno e nun perfecto inglés (por algo é australiano je je) explicou as orixes do Clil en Europa e un montón de anécdotas moi divertidas que fixeron que a súa non fose unha típica conferencia tostón, aínda que o contido quedou un pouco solapado polos chistes.

Despois Xabier San Isidro (asesor de linguas estranxeiras da Consellería) presentou a nova páxina de linguas estranxeiras e analizou a situación actual en Galicia (xa sabedes un pouco de .... que bos somos, que ben o facemos... je je)

O sábado pola mañá tivemos o pracer de escoitar a Carmen Alario que nos fixo reflexionar sobre as "gafas" que debemos regalar aos nosos alumnos para que vexan o mundo dende moitas perspectivas e Isabel Pérez que ten un páxina estupenda, referencia indispensable nos favoritos dos teachers (nos meus leva dende os meus comezos neste mundo) Isabel ensinounos un montón de recursos e materiais para utilizar na aula e aprendín algo que vía por ahí pero non sabía o que era nin para que servía del.icio.us (os teus favoritos pero en internet, dispoñibles para que os uses ou os usen, os teus alumnos ou calquera )

Tamén puiden escoitar a Alberto Lanzat do IES Los Manantiales (Torremolinos) que nos falou da situacíon de multilingüismo e multiculturalidade do seu centro. No seu instituto pódense escoitar 31 idiomas diferentes!!!! 

Gregorio Miranda do CP Pedro de Valdivia de Castuera (Badajoz) Isabel Vázquez do CEIP Praia Xardín de Boiro e José Antonio Barral do CEIP Frei Luis de Granada en Sarria relataronnos as súas experiencias en aulas bilingües.

TALLERES MACMILLAN VIGO

tolinha 13/05/2007 @ 20:17

macmillan.jpg

Este fin de semán tocou repetición do taller en Vigo, esta vez diante dunha audiencia mooooito máis numerosa. Espero que as actividades amosadas foran do agrado de tod@s. Se tendes calquera dúbida ou queredes alguhna das actividades non tedes máis que poñervos en contacto conmigo.

 Un verdadeiro placer poder compartir un conto tan divertido como Bark George con Anita.

 bark.jpg

                                                                                     Graciñas Ana!!!

Facer ciberaerobic con Elmo asegura o éxito en calquera reunión así que non me resistin a repetilo.

elmo1.jpgelmo2.jpg

                                            Parece que tamén gustou nesta ocasión je je 

Nesta ocasión a compañía Face2Face fixonos rir cunha inxeniosa montaxe "The wizard of Oz" Nesta ocasión voltaron a contar coa inestimable axuda dos compañeir@s e unha aportación espectacular a cargo do pequeno Flying Monkey.

 scarecrow.jpg

                                                The Scarecrow: "I don't know"

tinman.jpg

                                                               The TinMan : " I don't care"

flying.jpg

The Flying Monkey and the Wicked Witch of East

A todo Staff de MacMillan (James, Gabi, Montse, Verónica, Marta) Thank you so much por facer que todo fose tan fácil e polo cariño recibido.

TEACHERS' DAY

tolinha 05/05/2007 @ 20:25

macmillan.jpg

É o meu primeiro Teachers' Day dende o outro lado (aínda que o meu foi un TIChers je je) Estou moi satisfeita co resultado. Espero que os asistentes tamén o estean ;)

O meu taller era como dicía a pubicidade:

tic2.jpg

Esto do marketing é impresionante, verdade??

O seguinte taller, estivo ao cargo de Ana Demitroff.

Ana mostrounos unha morea de actividades moi interesantes para realizar cos nos@s alumn@s coma sempre a un ritmo trepidante

E despois de repoñer forzas pasamos un rato estupendo coa representación de "Treasure Island" realizada por Face 2 Face (unha opción moi interesante para levar o teatro en inglés aos centros) O aporte que fixeron @s compañeir@s que particiaron na obra foi estupendo.

A representación... simplemente...XENIAL

Gracias a MacMillan por confiar en min nesta ocasión e polo trato recibido.

Espero que a sesión de Vigo sea cando menos igual que esta.

Aquí tedes algunhas fotos do eventoteachers1.jpg

Polas caras que teñen eu diría que non o pasaron moi mal non?? :D

 teachers2.jpg

 ana.jpg

 Ana Demitroff e os seus experimentos de ciencias.