Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Infantil

Eu tamén son ..... un noway!

tolinha 12/02/2009 @ 22:37

Se vos tamén queredes selo, ademais de velo video. Visitade http://www.noguays.com/index.php

Graciñas Celestino pola achega.

SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

tolinha 02/02/2009 @ 23:49

Cartel Salon do libro 09

Do 1 de febreiro ao 15 de marzo de 2009

O amor é o tema que centra este ano o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra,(1)  no que Portugal será o país convidado.

Exposicións, conferencias, actividades concertadas, concertos e literatura, moita literatura enriquecen o programa desta X edición que amplía a súa duración do 1 de febreiro ao 15 de marzo.

O colectivo pontevedrés Pavís-Pavós foi o encargado de dirixir o espectáculo da inauguración que tivo lugar onte.

A escritora Fina Casalderrey será a autora homenaxeada este ano.

O programa é amplo e moi variado, paga a pena unha visita.

EEI Samieira

Aportación da Escola de Educación Infantil Samieira (3) e da Escola de Educación Infantil Sartal ao salón do libro. 

Enlaces que se citan:

(1) Páxina do Salón do libro:

http://www.salondolibro.org/

(2) Páxina oficial da escritora Fina Casalderrey:

http://fina.casalderrey.com/

(3) Enlace á páxina da EEI Samieira:

http://centros.edu.xunta.es/eeisamieira/

Enlaces

tolinha 12/01/2009 @ 21:56

Xa estou de volta coas pilas recargadas despois de turistear por London (a verdade que é unha cidade que vale a pena unha escapadiña de cando en vez ;) )

Quero compartir con vós unhas aplicacións moi chusquiñas feitas por Carmen (1) que serven para usar tanto no ordenador coma no encerado dixital

Se queredes facer que neve na Lanzada so tedes que visitar: http://xoaninhas1.blogspot.com

Neve na Lanzada

Para xogar coa lúa e as ondas do mar: http://xoaninhas.blogspot.com/

Lúa e mar

Para escoitar unha canción de berce e xogar co móbil: http://xoaninhas2.blogspot.com/

Móbil de berce con lúa, sol e estrela

Caleidoscopio: http://xoaninhas3.blogspot.com

Caleidoscopio

Para xogar coa fotografía da Praza da Leña de Pontevedra: http://xoaninhas5.blogspot.com/

Fotografía da Praza da Leña de Pontevedra

Carmen ten ademáis unha canle de TV na que podedes ver vídeos moi interesantes. http://luscofuscotv.blogspot.com/

Enlaces que se citan:

(1) Blogs da profe Carmen:

Cando o mar peta na porta (Blog de sexto curso de primaria) http://omarpetanaporta.blogspot.com/

A casa de dona Lisa (Blog de infantil) http://acasadedonalisa.blogspot.com/

KIRIMA

tolinha 25/11/2008 @ 23:49
El viaje de Kirima

Grazas a Meninheira (1) descubro un conto precioso, "El viaje de Kirima" (2)

Trátase dunha páxina (3), subencionada polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural Marino (4) que ademáis do conto xa mencionado aporta unha guía didáctica e material para traballar o cambio climático e o coidado da nosa terra ao alumnado de Infantil.

Enlaces que se citan:

(1) Blog de Meninheira: http://dalleuncolinho.blogspot.com/

(2) Conto de Kirima: http://www.kirima.es/cuento/index.htm

(3)Páxina de Kirima: http://www.kirima.es/

(4) Páxina do Ministerio: http://www.marm.es/

BUSCADOR INFANTIL

tolinha 17/11/2008 @ 14:43

Buscador infantil (1) para evitar sorpresas cando buscas a Carapuchiña e te atopas co lobo feroz ;) :P

Captura de pantalla do buscador infantil

Enlace que se cita:

(1) Buscador infantil : http://www.buscadorinfantil.com/

O MAGOSTO

tolinha 06/11/2008 @ 22:15

Espantallo de castañas

Acabou o Halloween/Samaín pero nos coles xa estan todos os mestres de cabeza buscando recursos para a seguinte festividade “O Magosto”

Colgante do magosto
 

Aquí tedes algúns recursos que tiña gardados, espero que vos sirvan.

Unidade didáctica sobre o magosto.

A castaña que rebentou de risa; conto e actividades

Imaxes de froitos do outono para colorear.

Imaxes de follas

Imaxes de follas2

Castañeira, imaxes para conto

Outono, debuxos de froitos e fichas (castelán)

Poema sobre o magosto

Día de magosto (Xosé Antón Vicente)

Unidade didáctica e presentación power point sobre castañas (castelán)

 

Moitos teñen a autoría no propio recurso, outros non me lembro de onde os saquei así que mil desculpas @s autor@s

 

 

OBRA DE ARTE

tolinha 14/06/2008 @ 11:50

Retrato

Hoxe regaláronme unha verdadeira obra de arte.

Non se trata dun Matisse, un Van Gogh ou un Picasso (en todo caso pareceríase máis a un Botero :P ) pero para min ten máis valor que calquera deles.

Cando entrei na clase de tres anos, Claudia acercouse e díxome:

- Teacher, toma es para ti. Eres TÚ!!

Caeume a babiña, claro. 

Non sei se é que ando un pouco sensible pero eu véxome moi favorecida, vos que dicides? ;)

¿Cómo están ustedessss?

tolinha 30/09/2007 @ 17:33


Hoxe descubrín grazas a Ana as versións animadas da banda sonora da miña infancia. Que recordos!

Volta ao cole!!!

tolinha 29/08/2007 @ 14:49
vuelta_cole.gif

Xa estou de volta, totalmente relaxada despois dun mes sen "case" tocar o ordenata (todo un record je je) e coas pilas a tope para o curso que está a piques de comezar (boa falta farán....)

Hoxe o Sr. Sapoconcho pasoume un enderezo dun blog que ten un video precioso adicados aos mestres que vale a pena botarlle unha ollada. Espero que vos guste.

Aprender investigando

tolinha 02/12/2006 @ 11:33

aprender.png

Por segunda xornada consecutiva as inclemencias do tempo fixeron que remataramos a sesión dunha maneira un pouco "apurada" espero que vos servira, que vos resultara amena e sobre todo que vos anime a crear os vosos propios material e a utilizar as TIC como unha ferramenta máis na vosa tarefa diaria.

Se precisades calquera cousa non dubidedes en poñervos en contacto comigo. Será un pracer botar unha man.

Espero recibir os enderezos dos vosos blogs moi pronto.

Ata cando queirades.