Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Infantil

Arrastra á súa sombra

tolinha 07/11/2009 @ 23:29

Coloca cada cousa na súa sombra

Series

tolinha 02/11/2009 @ 21:04

Elixe o animal correcto para continuar a serie.

Fíodor, o gato con armadura

tolinha 31/10/2009 @ 21:51

Gústame saír a mariscar pola rede, pero teño un defecto. Ás veces encho as nasas con capturas exquisitas pero non anoto de que mares proveñen.

Hoxe, navegando polo disco duro, atopei un material para educación infantil, Fíodor (1), unha aplicación educativa deseñada por Balbino de Oro Martín.

fiodor o gato

Todas as actividades son moi intuitivas e abarcan o currículo de infantil.

Xiran entorno a Fíodor, un gato con armadura que recorre as salas dun castelo. Dirixe a Fíodor hacía unha porta que abrira unha actividade ou nalgún caso outro menú.

Idioma: castelán.

No que eu teño descargado inclúe tamén unha guía didáctica pero que na web non a vexo (se alguén está interesado non ten máis que pedila)

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á web de Fíodor:

http://www.telefonica.net/web2/fiodorelgato/index.html

Feliz Samaín

tolinha 30/10/2009 @ 13:16

Samaín

Tedes unhas actividades estupendas sobre o Samaín, Halloween e o outono que nos deixou a profe Belén Velasco da EEI Samieira no blog http://actividadeslim.nireblog.com

Colorea

tolinha 17/10/2009 @ 21:06

Colorea as personaxes como máis che guste. Ademais podes mezclar as cores para atopar a desexada

Cantamos?

tolinha 10/10/2009 @ 12:06

Tux Paint

tolinha 06/10/2009 @ 23:38
Debuxo feito co tuxpaint

@s que me coñecedes xa sabedes que son "superfan" de TuxPaint.

Neste blog xa falei máis dunha vez do programa. Hoxe acabo de instalar a nova versión.

Botade unha ollada ás ferramentas "máxicas" hai unha morea de cousas novas moi interesantes.

Veña, a debuxar!!! ;)

Xandre, o elefante sen sombra

tolinha 24/09/2009 @ 22:32

Xandre

Un día, coma outro calquera naceu un elefante chamado Xandre.

Efectivamente, un día coma outro calquera, alguén de TADEGa (1) propuxo que fixeramos contos, e alguén máis leu un BOE (2)cunha convocatoria do MEC (3)  para a elaboración de materiais que axuden a comprensión lectora..... e ahí xa a liamos!!!

Os TADEGuianos e TADEGuianas somos moi dados a embarcarnos en "aventuras" educativas e alá que fomos, como diría Buzzlightyear (4) "ata o infinito e máis alá"

Despois de 9 meses (sí, efectivamente, tratouse dun embarazo en toda regla) naceu Xandre, o noso elefantiño.

XandreXandre, é un proxecto cheo de ilusión, de esforzo, de traballo, de risas e discusións.

Xandre é un CONTO, un conto para todos e todas.

Intentamos que cada persoa que se achegue a Xandre poida disfrutalo por completo. Por iso temos versión en galego e castelán, utilizamos o sistema pictográfico, temos unha versión en lingua de señas (galego e castelán)

Ademais ofrece moitas actividades complementarias, XOGANDOXistra, CON XANDRE (comprensión lectora, xogos cos pictos, xogos coas sombras, actividades sobre as personaxes, sobre diversidade......etc)

Xandre, ten ademais unha páxina web http://www.contosdexandre.net/  que nos gustaría compartir con todos/as vós. Se lle contades o conto de Xandre ao voso alumnado, fillos/as, sobriños/as, netos/as ou demais familia, gustaríanos que nolo contasedes que se fora posible aportarades documentos gráficos (fotos, videos) da experiencia.

XeniaNesa web tamén irán aparecendo todas as novedades que haxa sobre Xandre, que espero sexan moitas.

Estamos abertos/as a suxerencias. Coa axuda de todos/as poderemos facer que Xandre nos conte máis aventuras!!!!

Espero que vos guste e que disfrutedes tanto de Xandre como nós.

Enlaces que se citan:

(1) Enlace a web de TADEGa:

http://tadega.net/

(2) Enlace á páxina do BOE (Boletín Oficial do Estado)

http://www.boe.es/

(3) Enlace á páxina do MEC (Ministerio de Educación )

http://www.educacion.es/portada.html

(4) Enlace á paxina da wikipedia sobre Buzzlightyear

http://es.wikipedia.org/wiki/Buzz_Lightyear

Lelo en galego

tolinha 11/09/2009 @ 15:20
Lelo

Acordádesvos de Lelo??? (1) aquel burriño que lle cantaba ás estacións no video de flocos.tv (2)

Pois grazas a unha das súas creadoras, Xana, entereime que agora xa o temos en galego. Parabéns!

Podédelo atopar na páxina http://animacam.tv/index.php onde ademáis hai máis curtas de animación. Non todas as que alí aparecen son axeitadas pero no apartado de prescolar hai cousas interesantes.

Graciñas Xana pola achega (esperamos máis aventuras de Lelo ;) )

Enlaces que se citan:

(1) Enlace ao post sobre Lelo :

http://casadetolos.nireblog.com/post/2009/03/22/lelo-e-as-estacions

(2) Enlace á páxina de flocos tv:

http://flocos.tv/categoria/animacion/

Meu pitinho amarelinho

tolinha 01/07/2009 @ 21:56