Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Galego

O MAGOSTO

tolinha 06/11/2008 @ 22:15

Espantallo de castañas

Acabou o Halloween/Samaín pero nos coles xa estan todos os mestres de cabeza buscando recursos para a seguinte festividade “O Magosto”

Colgante do magosto
 

Aquí tedes algúns recursos que tiña gardados, espero que vos sirvan.

Unidade didáctica sobre o magosto.

A castaña que rebentou de risa; conto e actividades

Imaxes de froitos do outono para colorear.

Imaxes de follas

Imaxes de follas2

Castañeira, imaxes para conto

Outono, debuxos de froitos e fichas (castelán)

Poema sobre o magosto

Día de magosto (Xosé Antón Vicente)

Unidade didáctica e presentación power point sobre castañas (castelán)

 

Moitos teñen a autoría no propio recurso, outros non me lembro de onde os saquei así que mil desculpas @s autor@s

 

 

SAMAÍN

tolinha 02/11/2008 @ 15:02

Antes do Samaín andiven buscando videos e non atopei case nada e agora que andaba a recoller cousas para o magosto aparece este.

Gardadedo para o curso que ven :P

Uxía, a ti igual te chega a tempo non?

SAMAIN IS HERE

tolinha 28/10/2008 @ 00:05

 Bruxa de Halloween Bruxa de Samaín

Como anda a miña cabeciña tola que non me dei conta de que o Halloween/Samaín xa era está semán. 

 

Espero cheguen a tempo estos recursos que vos recomendo, dentro da ampla oferta que hai destas datas.

 Coñece algúns datos sobre a festa na páxina de Vieiros  

Visita o famoso Samaín de Cedeira  non deixes de visitar esta galería de cabazas sorprendentes (pica no ano e verás un montón de cabazas incribles)

Agora que xa tes unha idea podes deseñar a túa propia cabaza con este divertido xogo.

Nesta páxina atoparás unha morea de cousas sobre Halloween, entra se te atreves….. (en inglés)

Recordades a canción aquela de fofito que dicía: “Cuando el reloj marca la una, los esqueletos salen de la tumba…. Pois se queredes  podedes descargala neste enlace. Algunhas ideas para cancións en inglés.

Tamén podedes ler algúns libros como A bruxa do dente ou Indo para o Samaín ou para practicar inglés podedes ver este video

ou estoutro conto que me pasara fai tempo a profe Mela.

Scary Halloween

View SlideShare presentation or Upload your own.

Os maiores podedes visitar esta páxina

          

Algunha cousa máis habería para compartir pero eche o que hai cando unha anda ás carreiras :P

Espero que vos sirvan!

ORELLA PENDELLA

tolinha 24/10/2008 @ 15:47
Logo de Orella Pendella

Da man da profe Uxía (1) e o profe Ramón (2) coñezo unha páxina moi interesante Orella Pendella (3)  sobre ditos, recitados e cancións infantís.

Nela podedes atopar infinidade de ditos, recitados e cancións de tradición oral que forman parte da literatura popular de Galicia

O mellor de todo é que algúns pódense escoitar e ademais podes facer as túas aportacións se coñeces algún que non estea.

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina da profe Uxía:

http://www.sereassencadeas.blogspot.com/

(2) Enlace á páxina do profe Ramón:

http://ourizosechicaros.blogspot.com/

(3) Enlace á páxina de Orella Pendella:

MÁIS LETRAS GALEGAS

tolinha 10/05/2008 @ 21:39

Alvarez Blazquez

Outro clásico para traballar as letras galegas na aula e Antón Vicente, que ademáis da súa estupenda páxina(1) (compendio dos recursos existentes en galego) cada ano nos agasalla con algún dos seus fantásticos traballos.

Esta vez, non podía ser doutro xeito, propón un xogamos? (2) sobre Xosé María Álvarez Blaquez.

Outra páxina interesante (3) onde podedes atopar datos biográficos, fotografías, obras...

Enlaces que se citan:

(1) Páxina de Antón Vicente : http://www.antonvicente.es/

(2) Enlace ao xogo sobre Álvarez Blazquez: http://www.antonvicente.es/recursos/xmab/xogo.html

(3) Enlace á páxina sobre Álvarez Blazquez: http://www.17demaio.org/

LETRAS GALEGAS 2008

tolinha 02/05/2008 @ 00:09
roseira.jpg

Coma nos últimos anos os compañeiros do Seminario Galán nos regalan un estupendo traballo sobre o homenaxeado deste ano "Xosé María Álvarez Blázquez"

Na páxina (1) podedes atopar fotografías, actividades para facer en liña e cadernos para imprimir e traballar na aula.

Parabens polo traballo e mil grazas por compartilo con nós.

Enlaces que se citan:

Páxina do seminario Galán: http://seminariogalan.org/

MÁIS LETRAS GALEGAS

tolinha 15/05/2007 @ 22:19

Dende o CFR de Pontevedra nos ofrecen está ampla recolección de acitividades para o Día das Letras Galegas. Algunhas xa apareceron nunha entrada anterior pero hai outras moitas moi interesantes.

letras.jpg
                                                                      Graciñas Paco!

Letras Galegas 2007

tolinha 30/04/2007 @ 17:51

Aquí tendes algunhas ideas para traballar as Letras Galegas deste ano.

Páxina do compañeiros do Seminario Galán cun montón de actividades

                               galan.jpg

Recursos feitos por Xosé Antón Vicente Rodríguez

          Webquest                                                                      Formula 20

webq.jpg

formula.jpg

Internet como recurso na área de Lingua Galega

tolinha 23/11/2006 @ 18:29

O curso que estivemos a facer sobre Internet como recurso na área de Lingua Galega resultou moi interesante. Variado e ameno, mostrounos un amplo abano de posibilidades para utilizar as novas tecnoloxías na nosa língua. 

Pola miña parte a ferramenta que máis me gustou foi o Ardora. Aínda que oira falar del, non o tiña utilizado. Pareceme unha ferramenta con moito potencial, resulta moi sinxelo de utilizar e ofrece unha morea e posibilidades. Empezarei a diseñar actividades en canto teña un pouquiño de esa cousa.... como lle chaman? Ah sí, ... TEMPO! je je  

Gustaríame tamén que esta boa iniciativa por parte de Paco de dinamizar os cursos e fomentar o uso das novas tecnoloxías unha vez rematados (todos sabemos onde acaba o que aprendemos cando non se practica) se vexa reflexada nas blogs.  


Se en algo vos podo axudar non dubidedes en contactar conmigo.

  Así que dende aquí moito ánimo e veña...... a bloguear!!!