Non puido ser!!

Aquí estou no mesmo Bucarest escoitando ás gañadoras do premio etwinning, e non é o noso proxecto "kids h@nd in h@nd" (1)
Outro proxecto galego "My town, your town. Our lives in a calendar" (2) foi o gañador na categoría de 4 a 9 anos.
Parabéns Aurora!!
Comezaba esta entrada fai uns días en Bucarest pero ata hoxe non puiden rematala.
Decir agora que o menos importante foi non ganar pode parecer falso, pero sinceiramente, a pesares de que me gustaría ganar, sobre todo polos nen@s e Lieven (merecíao despois de tanto traballo) é a verdade.
Coñecer por fin ao "Dream Team" (Lieven, Vilenka, Sasha, Erika, Margo e Tiiu ) despois de tres anos traballando xunt@s xa foi un premio especial para min. (Mela tamén é parte do equipo pero con ela teño a sorte de traballar máis preto :P )
Coñecer ás rapazas do servicio nacional Beatriz e Concha, aos 10 premios nacionais ( Adelino, Beatriz, Conchita, Cristina, Fina, Inma, Joaquín, José Luis, Montse, Piedad, Roberto) e as risas que botamos xuntos, fixeron que pasar un fin de semana "secuestrados" nun hotel de Bucarest pagara á pena :P
Enlaces que se citan:
(1) Enlace á web do proxecto "Kids h@nd in h@nd" no enderezo : http://www.sip.be/STAManD/feelings/kidshandinhand.htm
(2) Enlace á web do servicio nacional etwinning no que falan dos premios.


Chúzao
del.icio.us









