Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Encerado_Dixital

ACTIVIDADES CO HOT POINT

tolinha 25/10/2008 @ 18:11

Hoxe descubrín para que servía o HOT POINT que hai no Activity toolkit do EDI (encerado dixital interactivo)

Que sensación tan guachi cando se aprende algo, verdade?

Déixovos un video de mostra de dúas actividades que se poden facer con el. Non sei porque pero me sae mellor a de English que a de Xeografía, por que será??? ji ji ji

Elmo

tolinha 24/06/2008 @ 19:35

Elmo é o meu fiel axudante nos cursos de EDI. Axúdame a romper ese xeo inicial e a crear un clima divertido e agradable.

Aquí tedes unha recopilación das mestras e mestres que este ano bailaron con el.

Non están tod@s @s que bailaron pero sí tod@s os que aparecen bailaron con ELMO.

Graciñas a tod@s por entender o meu xeito de traballar.

PINCEL MÁXICO

tolinha 13/06/2008 @ 22:30

Eu quero un pincel como este para o meu EDI !!!!!

XORNADAS DE ENSINO

tolinha 22/09/2007 @ 19:23

ficciones-chatnatacha-okif.jpg 

Durante toda a semán celebráronse no CEIP Mestres Goldar de Vigo as Xornadas de Ensino organizadas pola CIG e a AS-PG

Alí tiven o pracer de compartir unhas sesións intensas con 25 compañeiros descubrindo as posibilidades que nos ofrece o Encerado Dixital

A semán foi dura (aínda non temos collido o ritmo de traballo je je) pero espero que fose proveitosa para tod@s @s asistentes non só pola recopilación de material que ía no CD je je (Actividades do CEIP de Arzua, do Cra de Ponteceso, do Portal de Contidos, e as miñas propias (proximamente nas súas pantallas ;) )

Graciñas a tod@s pola vosa asistencia e por aturarme e tamén á dirección do centro polo trato recibido.

Xa sabedes onde estou se precisades calquera cousa.