Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Encerado_Dixital

Escola Rural Galega

tolinha 19/01/2009 @ 14:25

Os alumnos e alumnas do compañeiro Manuel da escola de Campos do CRA de Teo no programa da TVG "Acompáñanos"

Que envexa! Eu quero currar no CRA de TEO ;) je je

Enlaces

tolinha 12/01/2009 @ 21:56

Xa estou de volta coas pilas recargadas despois de turistear por London (a verdade que é unha cidade que vale a pena unha escapadiña de cando en vez ;) )

Quero compartir con vós unhas aplicacións moi chusquiñas feitas por Carmen (1) que serven para usar tanto no ordenador coma no encerado dixital

Se queredes facer que neve na Lanzada so tedes que visitar: http://xoaninhas1.blogspot.com

Neve na Lanzada

Para xogar coa lúa e as ondas do mar: http://xoaninhas.blogspot.com/

Lúa e mar

Para escoitar unha canción de berce e xogar co móbil: http://xoaninhas2.blogspot.com/

Móbil de berce con lúa, sol e estrela

Caleidoscopio: http://xoaninhas3.blogspot.com

Caleidoscopio

Para xogar coa fotografía da Praza da Leña de Pontevedra: http://xoaninhas5.blogspot.com/

Fotografía da Praza da Leña de Pontevedra

Carmen ten ademáis unha canle de TV na que podedes ver vídeos moi interesantes. http://luscofuscotv.blogspot.com/

Enlaces que se citan:

(1) Blogs da profe Carmen:

Cando o mar peta na porta (Blog de sexto curso de primaria) http://omarpetanaporta.blogspot.com/

A casa de dona Lisa (Blog de infantil) http://acasadedonalisa.blogspot.com/

PALE 2008

tolinha 14/12/2008 @ 22:00
Bilingües
Imaxe do Profesor Potachov de Moldavia

Esta fin de semán tiven o pracer de traballar cos mestres e mestras do programa PALE 2008 (1)

Para min foi un honor formar parte do grupo de relatores escollidos para guiar aos mestres e mestras nesto das TICs. Traballar con Abraham, Antón, Felo e Jose foi un auténtico pracer.

Espero que os asistentes sairan tan contentos coma nós.

Todo é mellorable pero tanto Xabier San Isidro e Ángeles Abelleira da consellería como Carmen do CFR de Pontevedra estiveron en todo momento pendentes para que todo fose sobre rodas.

Eu non puden reprimirme e fixen bailar, coma de costume, aos asistentes. Prometo fotos proximamente je je je

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina de linguas estranxeiras da Consellería:

http://www.edu.xunta.es/linguasestranxeiras/ 

O CEIP Froebel baila....

tolinha 10/12/2008 @ 01:20

Aunque un pouco asustad@s no CEIP Froebel tamén bailaron con Elmo

O CEIP Seis do Nadal baila...

tolinha 07/12/2008 @ 21:28

KARAOKE NO EDI

tolinha 21/11/2008 @ 00:14
Soy una taza. Karaoke para Edi

A estas alturas supoño que xa sabedes canto me gusta facer bailar "ao persoal" cando teño un obradoiro de EDI. Ademais de ELMO (1) agora tamén convirto aos asistentes nun completo menaxe de cociña :P

Se queredes bailar pola vosa conta, acabo de subir a EDIGa (2) a versión que fixen do Karaoke para que a poidades descargar.

Espero que vos guste.

Enlaces que se citan:

(1) Post anterior sobre ELMO

http://casadetolos.nireblog.com/post/2008/06/24/elmo

(2) Enlace á páxina de EDIGa onde podedes descargar "Soy una taza"

http://ediga.net/gestor/index.php?act=view&id=353

PINTA CUADROS FAMOSOS

tolinha 19/11/2008 @ 00:42

Cuadro de Romero Brito

Nun post anterior (1)  prometín contarvos como pintar cuadros famosos no EDI con voso "estilo" e como o prometido é deuda, hoxe deixovos un vídeo que explica como se fai. Tamén se pode utilizar para pintar fotos (3)

1º Busca o cuadro que queiras "re-pintar" e gardao no teu ordenador.

2º Vai á páxina http://www.dumpr.net/  e elixe "photo to sketch" examina e vai á carpeta onde teñas o cuadro. Cando estea listo volve a gardalo.

3º Para pintalo tes dúas opcións:

  • abrilo co Notebook e pintar ao teu gusto (como no video)
  • convertilo nun selo de tux paint e pintalo co programa.

Para facer este exemplo utilizouse un cuadro do pintor brasileiro Romero Brito (2)

Enlaces que se citan:

(1) Enlace ao post anterior onde se falaba desta páxina: http://casadetolos.nireblog.com/post/2008/10/04/tunea-as-tuas-fotos

(2) Enlace á páxina oficial do pintor Romero Brito: http://www.britto.com/

(3) Enlace ao blog da profe Uxía onde podedes ver un exemplo cunha foto:

http://sereassencadeas.blogspot.com/2008/11/maquillmonos.html

FASHION

tolinha 18/11/2008 @ 00:11

Captura de pantalla da páxina

Queres deseñar os teus propios "modeliños"?? (1)

Emula @s grandes modist@s  e divírtete deseñando a túa propia colección de roupa.

Deixate seducir polas cores de moda e enche o teu armario dunha explosión de color! :P

Ideal para facelo no EDI (Encerado Dixital Interactivo)

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina para deseñar moda:

http://www.stardoll.com/es/starDesign.php?pid=25524

MANS CHEAS DE...

tolinha 16/11/2008 @ 23:41

Será porque este ano non estou no cole que teño a necesidade de contarvos cousas que soía facer c@s pequen@s.

Xogabamos a ter as mans cheas de pintura, música, purpurina, bolboretas, area .... e un montón de cousas máis.

Déixovos un video que fixeron @s peques de tres anos do Vagalume (1) pintando na páxina (2) como Jackson Pollock (3)

O que máis boto de menos son as súas cariñas mirando ás mans con expresión de sorpresa e ledicia. :)

Enlaces que se citan:

(1) Enlace ao blog da EEI Vagalume: http://eeivagalume.blogia.com/

(2) Enlace á páxina para poder pintar como Jackson Pollock: http://www.jacksonpollock.org/

(3) Enlace á páxina da wikipedia con información sobre Jackson Pollock:

http://es.wikipedia.org/wiki/Jackson_Pollock

MÁIS NOVIDADES NOTEBOOK

tolinha 13/11/2008 @ 01:13
Pizarra

A versión 10 do Notebook (1) de Smart para o EDI (Encerado Dixital Interactivo) ten novas características interesantes que intentarei ir mostrandovos pouco a pouco.

O Activity toolkit (1) (que xa se usaba na versión 9.7) tamén mellorou notablemente. Como va vos ensinei nun post anterior, inclúe novas actividades e mellora algunhas como o "Aforcado" que agora ademáis do tomatazo, tamén pode ser unha tanda de penaltis ou uns lanzamentos de tiros libres de basket, así que xa sabedes..... a xogar!!!

Ah! deixovos tamén un enlace (2) dun estupendo manual de emprego didáctico do EDI  que fixo un compañeiro de foro, (José Mª Santa Olalla) que seguro vos vai ser de moita axuda (en castelán)

Enlaces que se citan:

(1) Enlace para descargar o software do Notebook:

http://www2.smarttech.com/st/en-US/Support/Downloads/default.htm

(2) Enlace para descargar o Activity toolkit:

http://www.education.smarttech.com/ste/en-US/Ed%2BResource/Lesson%2Bresources/toolkit/download.htm

(3) Enlace á paxina do tutorial sobre o manexo didáctico do EDI

http://platea.pntic.mec.es/jolall1/smart/