Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Encerado_Dixital

Fíodor, o gato con armadura

tolinha 31/10/2009 @ 21:51

Gústame saír a mariscar pola rede, pero teño un defecto. Ás veces encho as nasas con capturas exquisitas pero non anoto de que mares proveñen.

Hoxe, navegando polo disco duro, atopei un material para educación infantil, Fíodor (1), unha aplicación educativa deseñada por Balbino de Oro Martín.

fiodor o gato

Todas as actividades son moi intuitivas e abarcan o currículo de infantil.

Xiran entorno a Fíodor, un gato con armadura que recorre as salas dun castelo. Dirixe a Fíodor hacía unha porta que abrira unha actividade ou nalgún caso outro menú.

Idioma: castelán.

No que eu teño descargado inclúe tamén unha guía didáctica pero que na web non a vexo (se alguén está interesado non ten máis que pedila)

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á web de Fíodor:

http://www.telefonica.net/web2/fiodorelgato/index.html

O Vidal Portela baila...

tolinha 20/05/2009 @ 22:53

Memory

tolinha 03/05/2009 @ 17:26

Seguimos a investigar as posibilidades didácticas do novo toolkit.

Aquí vos deixo as instruccións para facer un memory.

Nova versión Lesson Activity Toolkit

tolinha 28/04/2009 @ 00:01

Xa está disponible a versión 2.0 do Lesson Activity Toolkit

Inclúe melloras de actividades que xa tiña e algunhas novidades moi interesantes.Xenial sobre todo as actividades nas que se poden incluir imaxes (que tanto botabamos en falta en infantil)

Para actualizar o toolkit deixovos neste vídeo as instruccións. É moi sinxelo pero se tedes algún problema non dubidedes en poñervos en contacto conmigo.

Do mesmo modo podedes actualizar a galería que tamén inclúe imaxes novas.

Elmo visita o CEIP A Guía

tolinha 14/03/2009 @ 22:54

Xa fai algún tempo da visita pero esquecera subir as fotos.


Nos IES tamén bailan.....

tolinha 17/02/2009 @ 21:57

Din que os profes de secundaria son un pouco "sosos" pero iso pásaselles cando coñecen a Elmo ;)


O Xulio Camba tamén baila

tolinha 16/02/2009 @ 21:18

CPI de Porriño baila!

tolinha 12/02/2009 @ 22:34

Algún/a repetía pero aínda así bailou con entusiasmo je je.
Graciñas!


O CEIP FONTES BAIÑA tamén baila

tolinha 04/02/2009 @ 22:11

Custoume chegar ao CEIP Fontes Baiña (1). Volvín ver a Virxe da Rocha(2)(creo que non ía dende as excursións da cataqueses :P ) pero pagou a pena porque gocei moito da sesión de EDI.

Virxe da Rocha

Espero que os mestres o pasaran tan ben coma min, e que aprenderan algo claro ;)

Unha grupo estupendo. Xa sabedes onde ando se necesitades algo:  


Enlaces que se citan:

(1) Enlace ao blog do cole:

http://atartarugalectora.blogspot.com/

(2) Páxina sobre a Virxen da Rocha en Baiona:

http://www.mercaba.org/MARIANA/Galicia/roca_bayona.htm 

Para todo lo demás....

tolinha 01/02/2009 @ 15:26

Este ben podería ser un anuncio deses de mastercard, porque aínda que tamén bailan as compañeiras do CEIP Sestelo-Baión (1) e do CEIP Torre Illa (2), ver bailar ás miñas compas do Vagalume (3) ...... iso non ten prezo! ;) :P

Enlaces que se citan:

(1) Enlace ao blog do CEIP Sestelo- Baión:

http://sestelo-baion.nireblog.com/

(2) Enlace á páxina do CEIP Torre Illa:

http://centros.edu.xunta.es/ceiptorreilla/

(3) Enlace ao blog do Vagalume:

http://eeivagalume.blogia.com/