XORNADAS CLIL

Este venres e sábado celébrouse no Pazo de Congresos de Santiago as Xornadas sobre "O ensino Clil, seccións bilingües"
A conferencia inagural estivo ao cargo do "showman" David Marsh da Universidade de Jyväskylä en Finlandia. Dun modo moi ameno e nun perfecto inglés (por algo é australiano je je) explicou as orixes do Clil en Europa e un montón de anécdotas moi divertidas que fixeron que a súa non fose unha típica conferencia tostón, aínda que o contido quedou un pouco solapado polos chistes.
Despois Xabier San Isidro (asesor de linguas estranxeiras da Consellería) presentou a nova páxina de linguas estranxeiras e analizou a situación actual en Galicia (xa sabedes un pouco de .... que bos somos, que ben o facemos... je je)
O sábado pola mañá tivemos o pracer de escoitar a Carmen Alario que nos fixo reflexionar sobre as "gafas" que debemos regalar aos nosos alumnos para que vexan o mundo dende moitas perspectivas e Isabel Pérez que ten un páxina estupenda, referencia indispensable nos favoritos dos teachers (nos meus leva dende os meus comezos neste mundo) Isabel ensinounos un montón de recursos e materiais para utilizar na aula e aprendín algo que vía por ahí pero non sabía o que era nin para que servía del.icio.us (os teus favoritos pero en internet, dispoñibles para que os uses ou os usen, os teus alumnos ou calquera )
Tamén puiden escoitar a Alberto Lanzat do IES Los Manantiales (Torremolinos) que nos falou da situacíon de multilingüismo e multiculturalidade do seu centro. No seu instituto pódense escoitar 31 idiomas diferentes!!!!
Gregorio Miranda do CP Pedro de Valdivia de Castuera (Badajoz) Isabel Vázquez do CEIP Praia Xardín de Boiro e José Antonio Barral do CEIP Frei Luis de Granada en Sarria relataronnos as súas experiencias en aulas bilingües.


Chúzao
del.icio.us






