Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Cursos

PALE 2008 (as fotos)

tolinha 17/12/2008 @ 15:47

PALE 2008

tolinha 14/12/2008 @ 22:00
Bilingües
Imaxe do Profesor Potachov de Moldavia

Esta fin de semán tiven o pracer de traballar cos mestres e mestras do programa PALE 2008 (1)

Para min foi un honor formar parte do grupo de relatores escollidos para guiar aos mestres e mestras nesto das TICs. Traballar con Abraham, Antón, Felo e Jose foi un auténtico pracer.

Espero que os asistentes sairan tan contentos coma nós.

Todo é mellorable pero tanto Xabier San Isidro e Ángeles Abelleira da consellería como Carmen do CFR de Pontevedra estiveron en todo momento pendentes para que todo fose sobre rodas.

Eu non puden reprimirme e fixen bailar, coma de costume, aos asistentes. Prometo fotos proximamente je je je

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina de linguas estranxeiras da Consellería:

http://www.edu.xunta.es/linguasestranxeiras/ 

O CEIP Froebel baila....

tolinha 10/12/2008 @ 01:20

Aunque un pouco asustad@s no CEIP Froebel tamén bailaron con Elmo

O CEIP Seis do Nadal baila...

tolinha 07/12/2008 @ 21:28

TECNONEET 08

tolinha 15/09/2008 @ 21:28
Cartel Tecnoneet 2008

Cartagena échate a temblar que los de TADEGa (1)  nos vamos al TECNONEET! (2) :P

Xa vos contarei como foi todo á volta!

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina web da asociación TADEGa http://www.tadega.net/

(2) Enlace á páxina web do congreso TECNONEET http://congreso.tecnoneet.org/

Elmo

tolinha 24/06/2008 @ 19:35

Elmo é o meu fiel axudante nos cursos de EDI. Axúdame a romper ese xeo inicial e a crear un clima divertido e agradable.

Aquí tedes unha recopilación das mestras e mestres que este ano bailaron con el.

Non están tod@s @s que bailaron pero sí tod@s os que aparecen bailaron con ELMO.

Graciñas a tod@s por entender o meu xeito de traballar.

ENCUENTRO EDUBLOGS 2008

tolinha 16/06/2008 @ 11:48

Edublogs 2008 from xardesvives on Vimeo.

Feliz regreso! ;)

tolinha 25/03/2008 @ 00:25
novomestre.jpg

                                                      Graciñas Toño

OBRADOIRO ACCESIBILIDADE WEB

tolinha 23/02/2008 @ 19:56

Logo TaDeGa

Hoxe tivemos o obradoiro sobre accesibilidade web en Pontevedra a cargo dos amigos de TaDeGa.

Eu terei que repetir obradoiro porque éste, está claro, suspendín. (a culpa tuvoa o catering :P )

A accesibilidade web era un tema que tiña sempre na cabeza, pero non tiña nin idea de como facer unha web accesible nin onde aprender.

Hoxe xa teño algúnha idea máis, pero terei que leer os apuntamentos e un par de libros para enterarme ben e non volver a poñer o de preme aquí je je

Esta claro que son cousas que non se consiguen da noite para a mañán pero será algo, que un montón de nós, teremos na cabeza cando publiquemos algo na web.

O mellor de todo, coma sempre, poñerlle cara ás persoas que so coñecemos virtualmente e ver aos amig@s que se deixan liar para estas historias e coñecer xente nova (incluso darse conta de que coñeces a xente que non sabías que coñecías, verdade Ana Belén ?)

Foi un pracer darlle un abrazo a Inés (mamiago) desculpa por non falar máis contigo (temos un café tranquilo pendente), charlar con Abraham e Felo coma sempre unha delicia, graciñas Paco e Nati (por prestarnos o CEFORE)

E MIL GRAZAS A JUAN POLA SÚA XENEROSIDADE

(se serve como comezo para facerme un pouco máis accesible xa quitei o reloxo e acabo de crear unha carpeta nos favoritos co taw je je)

EDUCARED

tolinha 28/10/2007 @ 18:11
educared.jpg

 

A partir de mañán día 29 de outubro e durante tres días celébrase no Palacio Municipal de congresos de Madrid o IV Congreso Educared "Educar en comunidad"

Falárase de moitos temas que nos interesan, traballo colaborativo en rede, web 2.0, comunidades virtuais, os blogs como recurso educativo, o encerado dixital, wikis, blended-learning......

Un montón de compañeiros entre eles Domingo Mendez e Antonio Sacco presentarán as experiencias e proxectos que están levando a cabo nos seus centros.

Tomarei boa nota de todo e tentarei facervos un resumo á volta. ;)