Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Cursos

O CEIP Quintela baila...

tolinha 29/03/2009 @ 00:30

Os teachers non só bailan....

tolinha 27/03/2009 @ 17:00

Durante o mes de marzo estiven no CFR de Vigo impartindo un curso para teachers (intentando transformalos en TIChers je je)

Esta vez non só bailaron senón que tamén blogearon, grabaron audio, fixeron diapositivas, falaron de webquest, cazas do tesouro, LIM, recursos on line, en resumo "fedellaron" coas TICs.

Espero que todos e todas aprenderan cousas útiles neste curso e sobre todo se decataran das posibilidades que nos ofrece o uso das TICs na aula.


Me consta que algunha se enganchou ao blogs ;)

LIM

tolinha 25/03/2009 @ 01:25
LIM 

Por fin, despois de moito intentalo, déronme un curso de Platega(1):

"LIM e proxecto xogamos, enfoque didáctico"

Por eso, últimamente estades a ver actividades por aquí. A verdade que LIM (2) xa me gustaba mogollón pero non encontraba tempo para fedellar nel agora cada día me gústa máis. 

A posibilidade de publicar as actividades no blog penso que ten un potencial incrible. Eu aínda teño atrancos para subilos libros ao meu servidor e que funcionen, pero todo se andará.

Déixovos o enlace ao blog onde podedes ver todos os traballos das/os compañeiras/os.

Estou aprendedo un montón, pero eso estaba claro sabendo que os titores son Fran Macías (creador de LIM), Antón Vicente e Felo Couto. Todo un luxo!!!

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á Platega (plataforma de formación on line da Consellería

www.edu.xunta.es/platega

(2) Enlace a páxina de LIM:

http://www.educalim.com/cinicio.htm

(3) Enlace ao blog con actividades LIM:

http://cursolim.nireblog.com/

Elmo visita o CEIP A Guía

tolinha 14/03/2009 @ 22:54

Xa fai algún tempo da visita pero esquecera subir as fotos.


Nos IES tamén bailan.....

tolinha 17/02/2009 @ 21:57

Din que os profes de secundaria son un pouco "sosos" pero iso pásaselles cando coñecen a Elmo ;)


Graciñas!

tolinha 16/02/2009 @ 23:02

Felo Couto 

Esta fin de semana tiven a sorte de compartir relatorio cun dos mellores profesionais dentro do mundo das TICs e da atención a diversidade, Felo Couto.

Sei que el non está moi satisfeito coa nosa “actuación” pero iso nos pasa aos que somos moi esixentes con nós mesmos. 

Como sempre digo, todo é susceptible de mellora pero para min foi unha experiencia estupenda. 

Graciñas por COMPARTIR, por ENSINAR, por BAILAR, polas RISAS, por AGUANTARME, por APOIARME, por mil cousas máis pero sobre todo ....         por SER e  por ESTAR 

Foi un pracer, repetimos??? ;)

O Xulio Camba tamén baila

tolinha 16/02/2009 @ 21:18

CPI de Porriño baila!

tolinha 12/02/2009 @ 22:34

Algún/a repetía pero aínda así bailou con entusiasmo je je.
Graciñas!


O CEIP FONTES BAIÑA tamén baila

tolinha 04/02/2009 @ 22:11

Custoume chegar ao CEIP Fontes Baiña (1). Volvín ver a Virxe da Rocha(2)(creo que non ía dende as excursións da cataqueses :P ) pero pagou a pena porque gocei moito da sesión de EDI.

Virxe da Rocha

Espero que os mestres o pasaran tan ben coma min, e que aprenderan algo claro ;)

Unha grupo estupendo. Xa sabedes onde ando se necesitades algo:  


Enlaces que se citan:

(1) Enlace ao blog do cole:

http://atartarugalectora.blogspot.com/

(2) Páxina sobre a Virxen da Rocha en Baiona:

http://www.mercaba.org/MARIANA/Galicia/roca_bayona.htm 

XORNADAS AGPETAL - TADEGa

tolinha 18/01/2009 @ 16:22
Xornadas Agpetal - Tadega

 Os días 13 e 14 de febreiro de 2009, terá lugar na facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (campus de Elviña) as XII Xornadas AGPETAL e as III Xornadas TADEGa 2009, organizadas por ambas asociacións e o Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.

Dende TADEGa temos posto moito interese e ilusión pola posta en marcha destas xornadas con contidos de calidade e coa intención de que teñan ademais, un forte carácter práctico para todo o profesorado inmerso na problemática dos problemas da comunicación dentro do mundo da diversidade funcional

Los temas a tratar en esencia son:

  • Audición e linguaxe.
  • TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación).
  • SAAC (Sistemas Alternativos e Aumentativos de Comunicación).
  • Atención a alumnado con implante coclear.
  • Foros activos de experiencias TIC.

Nota: As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes. Despois do 1 de febreiro, as cotas incrementaranse en 12 euros.

A matrícula dá dereito á:

  • Asistencia ás XII Xornadas.
  • Carpeta de documentación e traballo.
  • Certificado de asistencia expedido pola Universidade de A Coruña coa colaboración de AGPETAL e TADEGa.
    (Certificación oficial de 15 horas e 1 crédito de libre elección pola Universidade de A Coruña).

No enlace a continuación podedes acceder ao tríptico informativo que contén tanto o programa (aínda provisional) como as indicacións a seguir para quen esteades interesados ou interesadas en matricularvos e participar nestas xornadas.

Tríptico informativo das xornadas co programa e condicións de matrícula (formato PDF de Adobe Acrobat):
[Enlace].