Me lo pido!!!!

Eu quero ese librooooooooooooooooooooo!
Por certo, este Entroido merquei en Oviedo unha versión en blanco e negro para colorear. "Mi propia PEQUEÑA ORUGA GLOTONA" de Kókinos.

Eu quero ese librooooooooooooooooooooo!
Por certo, este Entroido merquei en Oviedo unha versión en blanco e negro para colorear. "Mi propia PEQUEÑA ORUGA GLOTONA" de Kókinos.
"Time to move" dixo Hermit o cangrexo. "Son demasiado grande para esta cunchiña" E así foi como Hermit emprendeu a súa viaxe polo océano atopando nov@s amig@s que lle axudan a crear un novo fogar ata que....
Outra marabillosa historia de Eric Carle.
Deixovos algún material sobre o conto (lapbook incluido Meninheira ;) )
Material:
http://teacher.scholastic.com/lessonrepro/reproducibles/profbooks/houseforhermitcrab.pdf
Ideas para traballar o libro:
http://www.eric-carle.com/bb-crab.html
Sopa de letras:
http://sln.fi.edu/fellows/fellow8/dec98/games/wfind3.html
Laberinto:
http://sln.fi.edu/fellows/fellow8/dec98/games/maze.html
Búsqueda do tesouro:
http://projects.edtech.sandi.net/sessions/hermitcrab/hermitcrab.html
Manualidade:

Bark George escrito por Jules Feiffer é outro dos meus libros favoritos.
"Cando a nai de George lle pide que ladre, el miaña. Ela explicalle que os gatos miañan e os cans ladran. Ladra, George pero el .... A nai explicalle que os parrulos ... e os cans ladran. Ladra George pero el ... Así ata que a nai decide levalo ao veterinario e descubren cal era o problema"
Deixovos un power coas imaxes (ao subilo ao slideshare perde un pouco e non se escoitan os sonidos pero ao descargalo está ben) e tamén unha páxina (1) onde podedes atopar unha morea de recursos.
Pensó que so está dispoñible en inglés pero paga a pena facer traducción directa ao contalo.
Enlaces que se citan:
(1) Enlace á páxina con actividades:
http://www.makinglearningfun.com/themepages/BarkGeorgePrintables.htm

O amor é o tema que centra este ano o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra,(1) no que Portugal será o país convidado.
Exposicións, conferencias, actividades concertadas, concertos e literatura, moita literatura enriquecen o programa desta X edición que amplía a súa duración do 1 de febreiro ao 15 de marzo.
O colectivo pontevedrés Pavís-Pavós foi o encargado de dirixir o espectáculo da inauguración que tivo lugar onte.
A escritora Fina Casalderrey será a autora homenaxeada este ano.
O programa é amplo e moi variado, paga a pena unha visita.

Aportación da Escola de Educación Infantil Samieira (3) e da Escola de Educación Infantil Sartal ao salón do libro.
Enlaces que se citan:
(1) Páxina do Salón do libro:
(2) Páxina oficial da escritora Fina Casalderrey:
(3) Enlace á páxina da EEI Samieira:
Alicia non é un dos meus contos preferidos pero está versión é unha pasada.
Tamén hai:
Cincenta: http://www.youtube.com/watch?v=6hUJNHeXrkQ
O libro da selva: http://www.youtube.com/watch?v=ivuafDxqR-U
O mago de Oz: http://www.youtube.com/watch?v=8hXxwpCTfEA ....

Brown bear brown bear what do you see? Foi o primeiro conto ilustrado por Eric Carle (1) que coñecín. Despois virían outros pero con este xa foi o frechazo!! :P
Creo que foi o primeiro conto que fixen en powerpoint antes de convertirme en TIC_cher :P
É un dos contos elexidos para versionar nos proxectos etwinning coa profe Mela pero eu xa fixera a miña versión particular moito antes de etwinning.
Desta mesma serie son tamén:



Versión orixinal lida polo autor Bill Martin
Primeira versión (dixitalizada agora para compartir)
Primeiro powerpoint (versión en galego)
Espero que se vexan ben ao descargalos porque perderon as fontes ao subilas. :P
Versións para os proxectos etwinning:
Vaca Marela, Vaca Marela....qué escoitas? Feitas c@s alumn@s de 2º de primaria do CEIP Xulio Camba.
Brown Bear I, versión feita pol@s alumn@s da profe Mela no CEIP Álvarez Limeses
Brown Bear II, versión feita pol@s alumn@s da profe Mela no CEIP Manuel Vidal Portela
Grey cat, grey cat, feito pol@s alumn@s da profe Vasiliki no Kindergarten Arkitsa de Grecia
Este conto ten montóns de material pola rede para traballar con el.
Podedes descargar as plantillas para traballalo (tamén están as do Polar Bear) de http://www.dltk-teach.com/books/brownbear/index.htm
Tamén podedes descargar un powerpoint con imaxes reais dos animais da historia en www.kinderfriends.com/brownbear.ppt
Ten incluso canción
Enlaces que se citan:
(1) Enlace á páxina oficial de Eric Carle:
(2) Enlace á páxina do cole da profe Mela:
http://centros.edu.xunta.es/ceipmanuelvidalportela/
Ahhh non vos perdades a versión de Nicole. É fantástica! jeje

Outro dos meus contos preferidos é "The Gruffalo" (1) escrito por Julia Donaldson (2) e ilustrado por Axel Scheffler (xa vos ensinarei máis contos desta parella)
"Un ratiño marrón ía paseando polo bosque, atopóuse co raposo, co moucho e coa serpe. Todos querían comelo pero él dilles que está esperando ao Grúfalo. Grúfalo, quen é o Grufalo? Preguntan todos asombrados. O grúfalo é un ser monstruoso......"
Ademáis da versión orixinal en inglés agora podémolo atopar traducido ao castelan e con peluchiño do Gruffalo por MacMillan Infantil e Xuvenil (3) (Un bo agasallo de Nadal) e quizáis pronto poderémolo ter tamén en galego.

Deixovos o video da versión orixinal
e tamén unha versión xenial para representar no cole. Espero que vos gusten.
Algún material que podedes descargar:
Decoración para a árbore de Nadal: http://www.gruffalo.com/upload/gruffalo_xmas_tree_decoration_sheet.pdf
Postal Nadal:
http://www.gruffalo.com/upload/gruffalo_christmas_card_activity_sheet1.pdf
Marionetas de dedo: http://www.gruffalo.com/upload/gruffalo_finger_puppets1.pdf
Receita de pastel de Grúfalo: http://www.gruffalo.com/upload/gruffalo_cake_sheet1.pdf
Invitación para festa Grúfala: http://www.gruffalo.com/upload/gruffalo_invite1.pdf
Máscara do Grúfalo: http://www.gruffalo.com/upload/gruffalomask.pdf
Monta o Grufaliño: http://www.gruffalo.com/upload/Gruffalo_Child_Jumping_Jack_Activity_sheet.pdf
Non deixedes de ler "The Gruffalo's child" a continuación da historia. Que eu saiba aínda non está traducido pero todo se andará ;) (4)

Enlaces que se citan:
(1) Páxina oficial do Grúfalo: http://www.gruffalo.com/
(2) Páxina oficial de Julia Donaldson: http://www.juliadonaldson.co.uk/
(3) Páxina de Macmillan infantil e xuvenil (sección Grúfalo): http://www.macmillanlij.es/El-Grufalo-Pack.1684.0.html
(4) Páxina sobre "The Gruffalo's Child": http://www.panmacmillan.com/displayPage.asp?PageID=3239
Eric Carle sabe que me gustan tanto os seus libros e que lle fago tanta publicidade que sempre se acorda de min no Nadal e me envía unha postal de felicitación :P

Dear Friend,
HAPPY HOLIDAYS AND BEST WISHES FOR THE NEW YEAR!
The year 2009 marks the 40th anniversary of The Very Hungry Caterpillar and is also the year I will celebrate my own 80th birthday. Please stay tuned for various events marking these occasions.
For information on my work, please visit the Official Eric Carle web site and for current news you might be interested in reading my new blog!
Thank you for your interest in my work.
Peace and Joy,
Eric Carle
Traducción:
Felices festas e os mellores desexos para o novo ano!
O 2009 marca o 40 aniversario de "The very Hungry Caterpillar" e tamén celebrarei o meu 80 cumpreanos. Por favor, permanece atenta a varios eventos programados para estas ocasións.
Para mais información sobre o meu trabajo, por favor, visita o Diario Oficial de Eric Carle (1) e tamén podes ler noticias de actualidade no me novo blog! (2)
Gracias por tu interés no meu traballo.
Paz e Alegría,
Eric Carle

Hoxe preséntovos Nadarín, de Leo Lionni. Unha historia moi fermosa dun peixiño pequeno e negro que nadaba moi moi rápido.
A historia orixinal podédela ver no video (en inglés) pero a mín gústame máis a versión feita polos pequen@s da Profe Mela (1) para o proxecto eTwinning "Virtual Growing Books"
Tamén podedes ver a versión en castelán nesta páxina web (3)
Enlaces que se citan:
(1) Enlace á páxina do cole da profe Mela:
http://centros.edu.xunta.es/ceipmanuelvidalportela/
(2) Enlace á paxina web coa versión en castelán:
http://centros6.pntic.mec.es/~eatcolme/WebColmenar/paginacuentos/nadarin.htm

"Érase unha vez un coelliño branco. Un día foi buscar coles á horta para facer un caldiño e cando volveu a casa atopou a porta pechada e petou.-Quen é? - preguntou unha voz desde dentro...."

Este é outro dos meus contos favoritos. Adaptado dun conto popular portugués por Xosé Ballesteros (Vigo, 1956) e ilustrado por Oscar Villán (Ourense 1972) (1) recibiu o premio nacional de ilustración en 1999.

Traducido a moitos idiomas tamén se publicou, adaptado por BATA, na colección Makakiños de Kalandraka (2), unha iniciativa para facilitar a lectura a persoas con autismo e outras discapacidades intelectuais.

Deste aínda non teño versión EDI pero non deixedes de ver o video que fixo Belén (unha das miñas alumnas aventaxadas ;) ) na páxina do seu cole (3 )
Enlaces que se citan:
(1) Enlace á páxina de Óscar Villán:
http://ovillan.com/libros/o-coellino-branco/
(2)Enlace á páxina de Kalandraka:
(3) Enlace á páxina da EEI Samieira da profe Belén Velasco