Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Contos

Room on the broom

tolinha 03/11/2009 @ 22:41

Julia Donaldson é unha das miñas escritoras favoritas.

Ademáis do Gruffalo (1) e o Grufaliño, dos que xa vos falei con anterioridade, ten outros contos xeniales.

Hoxe vos presento Room on the broom. Un conto sobre unha bruxa que tiña un gato, un sombreiro moi alto, unha trenza longa de pelo roxo e do que lle aconteceu....

Podedes descargar algúns recursos coma imaxes secuenciadas do conto (2) ou imaxes de persoaxes (3)

Aquí tedes un video para os/as que non o coñezades.

Enlaces que se citan:

(1) Enlaceao post sobre o Gruffalo:

http://casadetolos.nireblog.com/post/2008/12/27/the-gruffalo

(2) Enlace ás secuencias:

http://madenglishouse.eu/ROOM_ON_A_BROOM.pdf

(3) Enlace ás imaxes:

http://madenglishouse.eu/ROOM_ON_A_BROOM_PUPPETS.pdf

Hug time

tolinha 25/10/2009 @ 11:39

Would you like a hug?

Por cuatro esquinitas de nada...

tolinha 04/10/2009 @ 13:23

Precioso conto para traballar as pequenas pero importantes diferenzas!!

Conto de Jérôme Ruillier editado por Juventud que trata sobre a inclusión e a integración

Xandre, o elefante sen sombra

tolinha 24/09/2009 @ 22:32

Xandre

Un día, coma outro calquera naceu un elefante chamado Xandre.

Efectivamente, un día coma outro calquera, alguén de TADEGa (1) propuxo que fixeramos contos, e alguén máis leu un BOE (2)cunha convocatoria do MEC (3)  para a elaboración de materiais que axuden a comprensión lectora..... e ahí xa a liamos!!!

Os TADEGuianos e TADEGuianas somos moi dados a embarcarnos en "aventuras" educativas e alá que fomos, como diría Buzzlightyear (4) "ata o infinito e máis alá"

Despois de 9 meses (sí, efectivamente, tratouse dun embarazo en toda regla) naceu Xandre, o noso elefantiño.

XandreXandre, é un proxecto cheo de ilusión, de esforzo, de traballo, de risas e discusións.

Xandre é un CONTO, un conto para todos e todas.

Intentamos que cada persoa que se achegue a Xandre poida disfrutalo por completo. Por iso temos versión en galego e castelán, utilizamos o sistema pictográfico, temos unha versión en lingua de señas (galego e castelán)

Ademais ofrece moitas actividades complementarias, XOGANDOXistra, CON XANDRE (comprensión lectora, xogos cos pictos, xogos coas sombras, actividades sobre as personaxes, sobre diversidade......etc)

Xandre, ten ademais unha páxina web http://www.contosdexandre.net/  que nos gustaría compartir con todos/as vós. Se lle contades o conto de Xandre ao voso alumnado, fillos/as, sobriños/as, netos/as ou demais familia, gustaríanos que nolo contasedes que se fora posible aportarades documentos gráficos (fotos, videos) da experiencia.

XeniaNesa web tamén irán aparecendo todas as novedades que haxa sobre Xandre, que espero sexan moitas.

Estamos abertos/as a suxerencias. Coa axuda de todos/as poderemos facer que Xandre nos conte máis aventuras!!!!

Espero que vos guste e que disfrutedes tanto de Xandre como nós.

Enlaces que se citan:

(1) Enlace a web de TADEGa:

http://tadega.net/

(2) Enlace á páxina do BOE (Boletín Oficial do Estado)

http://www.boe.es/

(3) Enlace á páxina do MEC (Ministerio de Educación )

http://www.educacion.es/portada.html

(4) Enlace á paxina da wikipedia sobre Buzzlightyear

http://es.wikipedia.org/wiki/Buzz_Lightyear

A casa da mosca chosca

tolinha 02/08/2009 @ 18:32
Portada

A casa da mosca chosca é outro deses títulos imprescindibles en calquera andel que se prece.

Unha adaptación de Eva Mejuto a partires dun conto popular ruso. As ilustracións son de Sergio Mora (1) e está editado por Kalandraka (2).

Trátase dunha historia moi divertida e orixinal na que a protagonista, a Mosca Chosca, constrúe a súa propia casa. Organiza unha festa para inaugurar o seu novo fogar e por alí van pasando o Escaravello revello, o Morcego Chairego, o Sapo Castrapo, a Moucha Repoucha, a Raposa Chistosa, o Lobicán Pillabán e.....

Raposa              Sapo

Conto acumulativo ideal non só para contar se non tamén para representar.  moscachosca.jpg

Quen poderá ser ese oso con pinta de larpeiro??? :P

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina do ilustrador Sergio Mora: http://www.sergiomora.com/

(2 ) Enlace á páxina da editorial Kalandraka: http://www.kalandraka.com/

Coelliño branco

tolinha 27/06/2009 @ 21:29

There was an old lady

tolinha 03/06/2009 @ 23:17

Un deses contos sumativos que tanto me gustan, coñecía varías versións pero hoxe atopei a que máis me gusta de todas!

Que gusto da traer nas nasas semellantes capturas! ;)

Madeleine, a porquiña urbana

tolinha 25/04/2009 @ 22:55

QUERIDO ZOO

tolinha 17/04/2009 @ 00:03

A versión en galego que faltaba no post anterior ;)

Dear Zoo

tolinha 13/04/2009 @ 12:31

Dear Zoo

Facía xa algún tempo que non vos falaba dos meus contos favoritos, pois aquí tedes un que me encanta contar aos máis pequenos.

Trátase dun conto sinxelo dos de ir levantando pestañas e co que xogo a que adiviñen de que animal se trata.

Podedes descargar material fotocopiable desta páxina: http://www.teachervision.fen.com/tv/printables/TCR/1557342504_53-55.pdf