Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Novembro 2009

Apoiando a candidatura de Cáceres 2016

tolinha 23/11/2009 @ 14:55

Sempre apoiando a cultura, e nesta ocasión no podería ser menos e apoio a candidatura de Cáceres como Capital Europea da Cultura 2016.

O que nunca esperaba que este apoio me iba a supoñer ter unha rúa co meu nome, nin tanta expectación.

Deixovos o video e a noticia.

Belén Junquera apoya a Cáceres como Capital Europea de la Cultura 2016

Este conocido personaje ha prestado su apoyo a la candidatura de Cáceres como Capital Europea de la Cultura 2016. De esta manera Cáceres confirma la solidez de su candidatura a la capitalidad. La capitalidad europea de 2016, que se disputa entre diferentes ciudades candidatas, supone un importante impulso a las infraestructuras, el desarrollo del turismo y la cultura de la ciudad que sea finalmente designada y Belén Junquera, con su apoyo, sin duda puede inclinar la balanza del lado de la ciudad extremeña.

Graciñas polas risas Mario ;) (2)

Enlaces que se citan:

(1) Enlace ao video:

http://caceresnews.com

(2) Enlace ao blog de Mario:

http://contomundi.blogspot.com/

Winnie the Pooh

tolinha 22/11/2009 @ 18:33

Faille cóxegas a Winnie the Pooh e aos seus amigos.

Only a woman's heart

tolinha 19/11/2009 @ 13:26

Vincent Van Gogh

tolinha 17/11/2009 @ 21:08

PALE 2009

tolinha 14/11/2009 @ 21:33
Bilingües
                                                                  © Profesor Potachov

Este ano a Consellería voltou a contar conmigo para ser tutora dos/as profes do programa PALE (Programa de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras) (1)

Espero que as duras sesións de traballo aos/ás participantes lle resultasen igual de agradables ca min.

Coma sempre un pracer traballar con Xabier Sanisidro e compartir obradoiros con Jose, Abraham, Felo e Antón e este ano ademáis con Mariló.

Seguimos no PLATEGA! Moito ánimo!

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina de linguas da Consellería:

http://www.edu.xunta.es/contidos/rede_linguas/

Animals

tolinha 12/11/2009 @ 21:48

Magosto 09

tolinha 08/11/2009 @ 17:17
Pitas

Este ano non me dou tempo de recopilar novos recursos sobre o Magosto.

Podedes visitar a páxina do Frian Teis e a Web de Norberto  (que sempre son  unha boa fonte de recursos) ou utilizar algúns do meu post do ano pasado.

Enlaces que se citan:

(1) Enlace aos recursos sobre o Magosto do CEIP Frian:

http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/?q=category/13/118/175

(2) Enlace aos recursos sobre o Magosto de Norberto:

http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/magosto/recursos.htm

(3) Enlace ao post do curso pasado

 http://casadetolos.nireblog.com/post/2008/11/06/o-magosto

Arrastra á súa sombra

tolinha 07/11/2009 @ 23:29

Coloca cada cousa na súa sombra

Jen Stark

tolinha 06/11/2009 @ 22:17
Creación de Jen Stark

Se non coñeces a Jen Stark estaste perdendo unha artista estupenda.

Ten unha nova páxina web (1) que non vos debedes perder. Ademáis de xogar coas formas do inicio, navegade polas súas creacións (os botóns están escondidos nas cores da parte superior)

As súas creacións son sorpendentes e cheas de colorido.

Aquí tedes un video da súa canle en vimeo (2)

"Papermation" by Jen Stark from Jen Stark on Vimeo.

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina de Jen Stark

 http://www.jenstark.com/index.php

(2) Enlace á canle de Jen Stark en Vimeo

http://vimeo.com/user966853

Room on the broom

tolinha 03/11/2009 @ 22:41

Julia Donaldson é unha das miñas escritoras favoritas.

Ademáis do Gruffalo (1) e o Grufaliño, dos que xa vos falei con anterioridade, ten outros contos xeniales.

Hoxe vos presento Room on the broom. Un conto sobre unha bruxa que tiña un gato, un sombreiro moi alto, unha trenza longa de pelo roxo e do que lle aconteceu....

Podedes descargar algúns recursos coma imaxes secuenciadas do conto (2) ou imaxes de persoaxes (3)

Aquí tedes un video para os/as que non o coñezades.

Enlaces que se citan:

(1) Enlaceao post sobre o Gruffalo:

http://casadetolos.nireblog.com/post/2008/12/27/the-gruffalo

(2) Enlace ás secuencias:

http://madenglishouse.eu/ROOM_ON_A_BROOM.pdf

(3) Enlace ás imaxes:

http://madenglishouse.eu/ROOM_ON_A_BROOM_PUPPETS.pdf

Series

tolinha 02/11/2009 @ 21:04

Elixe o animal correcto para continuar a serie.