Dibus
My Influences from Dan Meth on Vimeo.

A casa da mosca chosca é outro deses títulos imprescindibles en calquera andel que se prece.
Unha adaptación de Eva Mejuto a partires dun conto popular ruso. As ilustracións son de Sergio Mora (1) e está editado por Kalandraka (2).
Trátase dunha historia moi divertida e orixinal na que a protagonista, a Mosca Chosca, constrúe a súa propia casa. Organiza unha festa para inaugurar o seu novo fogar e por alí van pasando o Escaravello revello, o Morcego Chairego, o Sapo Castrapo, a Moucha Repoucha, a Raposa Chistosa, o Lobicán Pillabán e.....

Conto acumulativo ideal non só para contar se non tamén para representar. 
Quen poderá ser ese oso con pinta de larpeiro??? :P
Enlaces que se citan:
(1) Enlace á páxina do ilustrador Sergio Mora: http://www.sergiomora.com/
(2 ) Enlace á páxina da editorial Kalandraka: http://www.kalandraka.com/