Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Maio 2008

O MELLOR PARA UN MAL DÍA

tolinha 28/05/2008 @ 22:23

Hai algo mellor que a risa dun bebé????

As risas de catro!!!

O mellor para un mal día, bueno un ramo de flores inesperado tampouco está nada mal ;)

I CONGRESO TADEGa

tolinha 25/05/2008 @ 15:27

Coruxo

Levo algún tempo sen escribir neste caderno, e o motivo non foi outro que estar inmersa na organización do I CONGRESO TADEGa (1)

Hoxe, xa de resaca, e coa sensibilidade a flor de pel despois de todo o escoitado na última mesa quero agradecer a TADEGa, e sobre todo ao Cheriff JUAN, que contara conmigo para este proxecto.

Foi un traballo duro pero amplamente recompensado.

Coñecer a os "tres monstruos marcianos" (Emilio, Javier e Manolo) e aprender das súas mans algo máis sobre diversidade, usabilidade, accesibilidade, e tantas outras cousas .....

O privilexio que vai a supoñer para os socios e socias de TADEGa poder utilizar dun xeito gratuíto o gran potencial que ten aumentativa.net (2)

Espero a Consellería asine moi pronto un convenio con DIVERTIC e  todo o profesorado galego dispoña tamén deste acceso.

A demostración de Manolo Gómez do que se pode facer con tan só un par de clics deixou abraiado a todo o aforo. Vémonos en TECNONEET! (3)

Volver a estar cos compañeiros e compañeiras de TADEGa coñecer a outros que aínda non coñecía foi un verdadeiro placer.

As camisetas diseñadas por Uxía foron o toque "especial" do congreso (ao final non fixemos a foto con elas postas :(

Quero aproveitar tamén para dar a benvida aos novos socios e socias.

e mil grazas a todas e todos por ser e por estar guino.gif

 Podedes ver algunhas fotos do evento no meu album web de picasa (4)

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina do congreso de TADEGa :

http://www.tadega.net/congreso2008.php?lang=gl&esti=b

(2) Enlace á páxina de aumentativa:

http://www.aumentativa.net/

(3) Enlace á páxina do congreso TECNONEET 2008:

http://congreso.tecnoneet.org/

(4) Enlace ao meu álbum web con fotos do congreso.

http://picasaweb.google.com/belenjunquera

MÁIS LETRAS GALEGAS

tolinha 10/05/2008 @ 21:39

Alvarez Blazquez

Outro clásico para traballar as letras galegas na aula e Antón Vicente, que ademáis da súa estupenda páxina(1) (compendio dos recursos existentes en galego) cada ano nos agasalla con algún dos seus fantásticos traballos.

Esta vez, non podía ser doutro xeito, propón un xogamos? (2) sobre Xosé María Álvarez Blaquez.

Outra páxina interesante (3) onde podedes atopar datos biográficos, fotografías, obras...

Enlaces que se citan:

(1) Páxina de Antón Vicente : http://www.antonvicente.es/

(2) Enlace ao xogo sobre Álvarez Blazquez: http://www.antonvicente.es/recursos/xmab/xogo.html

(3) Enlace á páxina sobre Álvarez Blazquez: http://www.17demaio.org/

LEXISLACIÓN DE PRIMARIA

tolinha 08/05/2008 @ 22:28

lex.jpg 

A Consellería de Educación ven de editar unha publicación na que se recolle toda a lexislación LOE para a Educación Primaria.

Supoño que nuns días recibiremos en todos os coles a versión impresa pero se queredes ir botando unha ollada podedes descargar o pdf dende este enlace:

http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/libros/Primaria.pdf

LETRAS GALEGAS 2008

tolinha 02/05/2008 @ 00:09
roseira.jpg

Coma nos últimos anos os compañeiros do Seminario Galán nos regalan un estupendo traballo sobre o homenaxeado deste ano "Xosé María Álvarez Blázquez"

Na páxina (1) podedes atopar fotografías, actividades para facer en liña e cadernos para imprimir e traballar na aula.

Parabens polo traballo e mil grazas por compartilo con nós.

Enlaces que se citan:

Páxina do seminario Galán: http://seminariogalan.org/