Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Marzo 2008

Feliz regreso! ;)

tolinha 25/03/2008 @ 00:25
novomestre.jpg

                                                      Graciñas Toño

Non puido ser!!

tolinha 20/03/2008 @ 17:35
tarjeta.jpg

Aquí estou no mesmo Bucarest escoitando ás gañadoras do premio etwinning, e non é o noso proxecto "kids h@nd in h@nd" (1)
Outro proxecto galego "My town, your town. Our lives in a calendar" (2)  foi o gañador na categoría de 4 a 9 anos.

 Parabéns Aurora!!

Comezaba esta entrada fai uns días en Bucarest pero ata hoxe non puiden rematala.

Decir agora que o menos importante foi non ganar pode parecer falso, pero sinceiramente, a pesares de que me gustaría ganar, sobre todo polos nen@s e Lieven (merecíao despois de tanto traballo) é a verdade.

Coñecer por fin ao "Dream Team" (Lieven, Vilenka, Sasha, Erika, Margo e Tiiu ) despois de tres anos traballando xunt@s  xa foi un premio especial para min. (Mela tamén é parte do equipo pero con ela teño a sorte de traballar máis preto :P )

Coñecer ás rapazas do servicio nacional Beatriz e Concha, aos 10 premios nacionais ( Adelino, Beatriz, Conchita, Cristina, Fina, Inma, Joaquín, José Luis, Montse, Piedad, Roberto) e as risas que botamos xuntos, fixeron que pasar un fin de semana "secuestrados" nun hotel de Bucarest pagara á pena :P

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á web do proxecto "Kids h@nd in h@nd" no enderezo : http://www.sip.be/STAManD/feelings/kidshandinhand.htm

(2) Enlace á web do servicio nacional etwinning no que falan dos premios.

http://etwinning.cnice.mec.es/noticias/premios.php 

8 de marzo

tolinha 08/03/2008 @ 00:14

Viñeta de Forges sobre a situación da muller 

Como é posible que a estas alturas se convoquen cursos como este??

Curso para ser una mujer 10 

(aínda que se miramos que o oferta xa non é tan rara a cousa :P )

e o que é aínda peor, como é posible que un concello subvencione algo que teña que ver con este tipo de cousas???

A min dame igual eso da pariedade, se hai tantos ministros, ministras ou menestras no goberno. O que me importa é que haxa persoas dispostas a traballar e a facer ben as cousas.

Só espero que o curso non se realice por falta de candidatas je je

Se ser unha muller 10 supón ter que saber coser, planchar e facer unha compra "intelixente" para manter o tipo e que todas sexamos Barbies...... seguirei sendo unha muller 9

FELIZ DÍA MULLERES

proba video

tolinha 07/03/2008 @ 17:47

Antes fixen esta entrada para explicarlle a un compañeiro como meter videos na bitácora e esquecime de borrala.

Agora que o ía facer, vexo que ten un comentario e xa non a vou borrar aínda que o comentario me fixo sentir moi maior je je je

O video foi o primeiro que vin ao entrar en youtube, menos mal que non insertei o do Chikilicuatre

(Video da cantante Leona Lewis cantando Bleeding Love)

Lily e o mapa!

tolinha 02/03/2008 @ 20:09

Incrible!

Eu non acertaría tantas ni "jarta" de viño, e vos? e o mellor de todo e que polo visto en youtube non é a única. As novas xeneracións arrasan eh!

Video no que Lily, que aínda non ten dous anos, sinala no mapa unha morea de paises que lle van decindo os seus pais

CAMBIO DE IMAXE

tolinha 02/03/2008 @ 01:20

Gustaríate ver como serás de maior ou se foras afro-caribeño, asiático, simio ou do sexo contrario...

Tamén poderás comprobar como te pintaría Botticelli, Modigliani ou Mucha...

 transformacion

pero o mellor de todo, sirve para recordarte que a imaxe que ves cada mañán no espello non está tan mal je je je.

Fai a proba

PD. Juan, xa sei que este artigo non é accesible pero non me berres, aínda non leín os apuntamentos ;) :P