Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Febreiro 2008

OBRADOIRO ACCESIBILIDADE WEB

tolinha 23/02/2008 @ 19:56

Logo TaDeGa

Hoxe tivemos o obradoiro sobre accesibilidade web en Pontevedra a cargo dos amigos de TaDeGa.

Eu terei que repetir obradoiro porque éste, está claro, suspendín. (a culpa tuvoa o catering :P )

A accesibilidade web era un tema que tiña sempre na cabeza, pero non tiña nin idea de como facer unha web accesible nin onde aprender.

Hoxe xa teño algúnha idea máis, pero terei que leer os apuntamentos e un par de libros para enterarme ben e non volver a poñer o de preme aquí je je

Esta claro que son cousas que non se consiguen da noite para a mañán pero será algo, que un montón de nós, teremos na cabeza cando publiquemos algo na web.

O mellor de todo, coma sempre, poñerlle cara ás persoas que so coñecemos virtualmente e ver aos amig@s que se deixan liar para estas historias e coñecer xente nova (incluso darse conta de que coñeces a xente que non sabías que coñecías, verdade Ana Belén ?)

Foi un pracer darlle un abrazo a Inés (mamiago) desculpa por non falar máis contigo (temos un café tranquilo pendente), charlar con Abraham e Felo coma sempre unha delicia, graciñas Paco e Nati (por prestarnos o CEFORE)

E MIL GRAZAS A JUAN POLA SÚA XENEROSIDADE

(se serve como comezo para facerme un pouco máis accesible xa quitei o reloxo e acabo de crear unha carpeta nos favoritos co taw je je)

A TELE

tolinha 22/02/2008 @ 23:54

tele.gif

Unha non se decata das tonterías que dí hasta que se ve na tele.

(Por non falar da cala de molete coa que sales)

A reportaxe gústoume moito, e os nenos e nenas do cole de Baión estiveron moi ben.

Parabéns para eles e graciñas a Mª José Paratcha polo trato e a reportaxe.

iJAM

tolinha 17/02/2008 @ 21:44

 ijam.jpg

Xa está aquí o máis revolucionario do software nos últimos anos iJAM.5Js

Non vos perdades a visita guiada nin as demáis ferramentas da familia iJAM

Apurade pronto estarán esgotados coma os mandos da Wii. Admitense envíos ao meu domicilio aínda que sexa o iJam nano ;)

Me lo llevo!

BOÍSIMO

tolinha 15/02/2008 @ 23:03

carrabouxo.jpg

LOVE IS ON THE AIR

tolinha 14/02/2008 @ 09:24

Videos a la carta!

tolinha 12/02/2008 @ 22:20

O que me faltaba para enredar!

Hoxe Celestino Arteta descubriume unha ferramenta coa que entreterme as longas tardes de inverno (se tivera tempo claro está, je je)

Trátase dunha ferramenta que nos permite poñer subtitulos ou bocadillos a os nosos vídeos favoritos. É supersinxela, tes que rexistrarte, pegar o enderezo dalgún video (p.e de youtube) colocamos os diálogos e xa está temos o código para incluir na nosa bitácora.

Eu non me puiden resistira a facer unha proba e aquí a tedes.

Que vos parece?


Os nen@s fan o que ven

tolinha 09/02/2008 @ 01:13

Fagamos que a nosa influencia sexa positiva.

 O video xa ten algún tempo pero non está de máis recordalo.

RUMBO A BUCAREST

tolinha 02/02/2008 @ 01:06

hands.jpg

Hoxe, despois dunha semana de moito traballo ( Entroido, día da Paz, cursos e demáis) recibín unha noticia estupenda.

Un dos proxectos etwinning no que participei o curso pasado é finalista dos premios etwinning

O proxecto, "kids h@nd in h@nd" promovido e coordinado por Lieven Van Parys xa gañou o Global Junior Challenge (como vos contei nunha entrada anterior)

Os gañadores revelaranse na ceremonia de entrega de premios durante a Conferencia anual eTwinning que terá lugar en Bucarest (Rumanía) do 14 ao 16 de marzo e a que estou convidada por formar parte do proxecto.

Non sei se gañaremos pero ter a oportunidade de coñecer a Lieven (co que levo tres anos traballando) e os demáis compañeir@s xa é todo un premio

Que nervios!! Vou a Rumanía!! Teño o inglés oxidado!! Ufff