FISH
No blog de María Barceló volvo a descubrir unha ferramenta fantástica, Sonoweb que transforma os post dun blog nun arquivo de audio.
Me parece que pode ter moitas posibilidades non só, como din na páxina para poder realizar outras tarefas mentras escoitamos os contidos dun blog, se non tamén para utilizar os blogs con alumn@s con necesidades educativas especiais e alumn@s de infantil
Que vos parece?
ademáis sabe falar galego ;)

A partir de mañán día 29 de outubro e durante tres días celébrase no Palacio Municipal de congresos de Madrid o IV Congreso Educared "Educar en comunidad"
Falárase de moitos temas que nos interesan, traballo colaborativo en rede, web 2.0, comunidades virtuais, os blogs como recurso educativo, o encerado dixital, wikis, blended-learning......
Un montón de compañeiros entre eles Domingo Mendez e Antonio Sacco presentarán as experiencias e proxectos que están levando a cabo nos seus centros.
Tomarei boa nota de todo e tentarei facervos un resumo á volta. ;)

Un dos meus libros favoritos en "inglés" é "From lost to the river" (de perdidos ao río) gustanme moito estas traducións "Sui géneris" que facemos do inglés (p.e. Octopus to the party = polbo á feira.....etc)
O outro día mariscando pola blogosfera atopei nun blog do Grove un termo que non escoitara nunca "filispin" a explicación do termo merece unha visita ao blog.
´
Moi simpático. Pódese descargar o xogo aínda que non sei se será moi educativo :P

Graciñas a Chus por incluirme na súa lista de blogs solidarios e cumprindo coas normas de funcionamento do premio, expoño as regras de participación:
-Nominar a sete persoas que un crea que teñen blogs solidarios e enviarlles un correo electrónico para que se decaten do premio.
-Os premiados deberán entregar o premio á súa vez a outros sete bloggers da súa elección.
-Os premiados deberán publicar un post no seu blog (colocar a imaxe do blog solidario é opcional)
Os meus sete blogs solidarios son:
O redactor dixital (por amosarme e iniciarme o apasionante mundo dos blogs )
Mela (por compartir tantos proxectos)
Tendal de calcetíns (para apoiar esta nova singladura polo oceáno da blogosfera, e porque Chus xa nominou a escola de caracois je je)
Ediga (por ser un referente para @s que usamos o EDI )
TadeGA (porque o merecen )
Ourizos e chícharos (por pandereteiro ;) )
Esperando con ilusión (por moitas razóns )
Lendo a María Barceló descubro una aplicación supersinxela para publicar en Internet, trátase de Jottit . Só tes que escribir, a aplicación asignate unha dirección aleatoria e listo! Sen rexistros, gratuíta.... un chollo!!! je je
Non se poden facer grandes páxinas nin deseños maravillosos pero penso que pode ser unha ferramenta útil para que @s nos@s alumn@s publiquen.
No mesmo blog, María, nos fala tamén dunha páxina interesante Vídeos educativos trátase dunha recopilación de vídeos educativos organizados por materias.

Este venres e sábado celébrouse no Pazo de Congresos de Santiago as Xornadas sobre "O ensino Clil, seccións bilingües"
A conferencia inagural estivo ao cargo do "showman" David Marsh da Universidade de Jyväskylä en Finlandia. Dun modo moi ameno e nun perfecto inglés (por algo é australiano je je) explicou as orixes do Clil en Europa e un montón de anécdotas moi divertidas que fixeron que a súa non fose unha típica conferencia tostón, aínda que o contido quedou un pouco solapado polos chistes.
Despois Xabier San Isidro (asesor de linguas estranxeiras da Consellería) presentou a nova páxina de linguas estranxeiras e analizou a situación actual en Galicia (xa sabedes un pouco de .... que bos somos, que ben o facemos... je je)
O sábado pola mañá tivemos o pracer de escoitar a Carmen Alario que nos fixo reflexionar sobre as "gafas" que debemos regalar aos nosos alumnos para que vexan o mundo dende moitas perspectivas e Isabel Pérez que ten un páxina estupenda, referencia indispensable nos favoritos dos teachers (nos meus leva dende os meus comezos neste mundo) Isabel ensinounos un montón de recursos e materiais para utilizar na aula e aprendín algo que vía por ahí pero non sabía o que era nin para que servía del.icio.us (os teus favoritos pero en internet, dispoñibles para que os uses ou os usen, os teus alumnos ou calquera )
Tamén puiden escoitar a Alberto Lanzat do IES Los Manantiales (Torremolinos) que nos falou da situacíon de multilingüismo e multiculturalidade do seu centro. No seu instituto pódense escoitar 31 idiomas diferentes!!!!
Gregorio Miranda do CP Pedro de Valdivia de Castuera (Badajoz) Isabel Vázquez do CEIP Praia Xardín de Boiro e José Antonio Barral do CEIP Frei Luis de Granada en Sarria relataronnos as súas experiencias en aulas bilingües.
Estou moi contenta, acábome de enterar que un dos proxectos eTwinning nos que participo, "Kids h@nd in h@nd" acadou o primeiro premio mundial na categoría de "ata 10 anos" no Global Junior Challenge. Outro proxecto "Zoo" do mesmo promotor Lieven Van Parys (no que participei) tamén estaba entre os finalistas.
Congratulations Lieven !!!
Este é Lieven e Marsha (a socia de Israel) no Concello de Roma recollendo o premio. Pola tarde foi recibido polo Presidente no seu Pazo, wow!!
Mariscando pola rede atopei esta páxina na que se poden personalizar imaxes. Pareceume interesante.
Quen soñou con ter unha estrela no paseo da fama?? Agora xa podedes je je