¿Cómo están ustedessss?
Hoxe descubrín grazas a Ana as versións animadas da banda sonora da miña infancia. Que recordos!
Hoxe descubrín grazas a Ana as versións animadas da banda sonora da miña infancia. Que recordos!

Tux Paint é un dos meus programas favoritos, no só porque é software libre senón, sobre todo, porque podes personalizar os selos e "tunear" calquera imaxen e facer unha montaxe sen necesidade do potochop.
Sempre o ensino nos meus cursos e traballei con él en tódolos coles nos que estiven pero agora, a nova versión e aínda máis xenial. Os selos tamén inclúen sons. Por defecto veñen en inglés o que é fantástico para os que somos teachers pero existe a posibilidade de incluir o son que queiramos, a igual cos selos.
So temos que gardar na carpeta de selos a imaxe (.png) e o arquivo de son (.wav) co mesmo nome.
Aquí tedes un exemplo de montaxe (iba a facer unha tipo "tomate" pero quedaba pouco educativa así que tunei un cole je je)

Esta outra (aínda que no non o creades je je) ao picar no peixe escoitábase "colorea este peixe como máis che guste"

Durante toda a semán celebráronse no CEIP Mestres Goldar de Vigo as Xornadas de Ensino organizadas pola CIG e a AS-PG
Alí tiven o pracer de compartir unhas sesións intensas con 25 compañeiros descubrindo as posibilidades que nos ofrece o Encerado Dixital
A semán foi dura (aínda non temos collido o ritmo de traballo je je) pero espero que fose proveitosa para tod@s @s asistentes non só pola recopilación de material que ía no CD je je (Actividades do CEIP de Arzua, do Cra de Ponteceso, do Portal de Contidos, e as miñas propias (proximamente nas súas pantallas ;) )
Graciñas a tod@s pola vosa asistencia e por aturarme e tamén á dirección do centro polo trato recibido.
Xa sabedes onde estou se precisades calquera cousa.

Cando Iago e Diego ensinaron os seus mandilóns para este curso, prometín que lles amosaría o meu cando estivera rematado. Hoxe estiven de estrea, e como o prometido é.... aquí esta a foto do meu mandilón novo. Espero que vos guste. Moi discreto non é verdade? je je je
Durante toda a finde semán celebróuse en Lugo a VII xornadas de Inforensino.
Durante 3 días déronse cita no Pazo de congresos de Lugo uha morea de mestres "abducidos" por isto das TICs.
Tiven o pracer de compartir estas xornadas con amigos como Nati e Toño (redactor dixital), coñecer a Fran Macías, creador do LIM (entre outras cousas) Felo Couto de La clase blanca e tamén puiden saudar aos compañeiros de EDIga, Abraham (CEIP Laredo) e Jose (CRA de Ponteceso) Coma sempre nestes eventos hai ponencias que te gustan moito, outras non tanto pero sempre son unha boa ocasión para compartir experiencias cos compañeir@s