Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Xaneiro 2007

Falando de eTwinning

tolinha 24/01/2007 @ 17:32

man.jpgabeja.jpg                   oso-pardo.jpg

Xa sei que eso de eTwinning soa raro pero irmanarse cun centro europeo para facer un traballo en conxunto (eso é eTwinning) é moi doado.

O primeiro que hai que facer é inscribirse no portal  (solicitar o curso de formación tamén axuda :P ) Despois buscar un proxecto adecuado aos teus intereses, e unha vez que o atopas solicitar a irmandade.

Este é o camiño máis sinxelo, tamén podes presentar ti o teu proxecto e buscar socios para levalo a cabo.

Eu estou en tres proxectos un xa rematado e outros dous aínda activos.

  • Libros que medran (xa vos contarei máis cousas deste proxecto)

Animadevos a irmanarvos!!!

Xornadas eTwinning

tolinha 13/01/2007 @ 22:45

etwinning.jpg

Acabo de chegar das Xornadas sobre eTwinning coa cabeza chea de información. Algunha moi interesantes, outra non tanto....  pero sobre todo cunha serie de reflexións sobre o que estamos a facer e o que AINDA nos queda.

Unha das cousas máis "sorprendentes" (por así decilo) foi que un dos colegas portugueses sinalase dous programas feitos por compañeiros galegos Ardora e LIM. Está ben eso de que nos "vendan" dende o estranxeiro pero estaría xenial ter o apoio "dos nosos"  non si?

Estas xornadas sempre son positivas xa que serven de punto de encontro cos colegas e das charlas, sobre todo durante o café, surxen interesantes iniciativas.

Salientar tamén o ben que nos tratou a Consellería (non sempre imos criticar je je)

Acabáronse as Jolideys!!

tolinha 06/01/2007 @ 23:08

hpn.png

Remataron as vacacións, espero que todos descansarades o que necesitabamos, disfrutarades moito do Nadal e cargarades as pilas que agora ven o traballo duro.

Seguro que as súas Maxestades de Oriente se portaron moi ben con nós porque somos tan bos... :P

Deséxovos un ano impresionanTIC

Bicos